Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Camiño Miñoto Ribeiro sorprende á veciñanza do Pino na sétima edición de Camiña e Descubre

Novas

23/10/2023
23 Out

Un grupo de 55 persoas iniciou a ruta en Cevide-Portugal e pasou polo paso fronteiro que se usaba en 1950 para o estraperlo  ||   

As fermosas paisaxes compensaron a dureza da primeira etapa  || 

Eva Varela destaca a “excelente acollida que o grupo tivo en Cortegada por parte do Concello e da Asociación de Empresarios” ao rematar esta primeira etapa  || 

O paso fronteirizo entre España e Portugal que nos anos cincuenta do século pasado se utilizaba para o estraperlo, unhas fermosas paisaxes rústicas con moitas árbores, o balneario de Cortegada e a cálida benvida que lle ofreceron as autoridades do municipio ourensán foron algúns dos aspectos cos que puideron gozar as 55 persoas do Pino que este sábado participaron na sétima edición de Camiña e descubre. A iniciativa coa que o Concello do Pino quere por en valor as diferentes rutas dos camiños de Santiago está dedicada nesta edición ao Camiño Miñoto Ribeiro.

A comitiva trasladouse en autobús dende O Pino ata Cevide (Portugal). Alí, Mario Monteiro fixo de guía para amosarlle ao grupo algúns dos segredos da fronteira hispano-portuguesa e os sendeiros que a metade do pasado século eran utilizados para pasar contrabando entre os dous países (coñecido como estraperlo). O marco número 1 de Portugal, o máis próximo a raia, foi un dos lugares que puido coñecer a veciñanza do Pino.

Pouco despois comezaba unha andaina de case 16 quilómetros polo Camiño Miñoto Ribeiro, que une Braga coa catedral de Santiago. A ruta ata Cortegada, foi “dura pero moi fermosa”, segundo algunhas das persoas participantes, “pasando por camiños enxebres, con moitas árbores autóctonas e paisaxes aínda virxes”.

Esta primeira etapa rematou en Cortegada, onde o grupo se sorprendeu do fermoso balneario deste municipio e da excelente acollida que lle brindou o concello ourensán. A concelleira de Cultura do Pino, Eva Varela, destaca a implicación e facilidades dadas polo alcalde da localidade Avelino de Francisco Martínez, a concelleira de Cultura, Begoña Fernández, e a presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Cortegada, Fátima Moreira, para que a comitiva se sentise coma na súa casa e puidese gozar dun xantar de confraternidade no polideportivo de Cortegada.

A segunda etapa desta edición de Camiña e Descubre celebrarase o vindeiro 18 de novembro, cunha andaina dende Cortegada ata Beade. As seguintes andainas serán o terceiro sábado dos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio, cando está prevista a chegada á catedral de Santiago.

As persoas interesadas en participar nas vindeiras etapas deben solicitar información na casa de cultura do Pino (981 511 065). En caso de que haxa prazas vacantes deberán inscribirse cubrindo o formulario que se atopa na web do Concello do Pino (neste enlace), cun custo de 8 euros por etapa.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Máis de 75 persoas na masterclass de zumba a beneficio da Asociación de Esclerose Múltiple
Case 800 peregrinos pasaron pola Oficina de Turismo do Pino entre xullo e outubro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego