Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O alcalde Manuel Taboada recibe o bispo venezolano Elieser Antonio Barrios Rivero

Novas

24/08/2026
24 Ago

O prelado visita estes días os sacerdotes Randall Pinto e Jhonny Delgado, naturais de San Fernando de Apure, que desenvolven o seu laboral pastoral nas parroquias de Castrofeito, Pereira, Budiño e Medín  ||  

Pola esquerda:José Fuentes, Jhonny Delgado, Elieser Antonio Barrios Rivero, Manuel Taboada e Randall Pintor no salón de plenos do Pino

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo, recibiu hoxe no salón de plenos da Casa do Concello o bispo venezolano Elieser Antonio Barrios Rivero. O prelado atópase estes días en Galicia para visitar, entre outros, os sacerdotes Randall Pinto e Jhonny Delgado, naturais de San Fernando de Apure (na rexión venezolana de Los Llanos), que atenden as parroquias de Budiño, Castrofeito, Medín e Pereira.

Durante o encontro, Manuel Taboada salientou o traballo que están a desenvolver no municipio os dous sacerdotes venezolanos. O alcalde e o bispo coincidiron tamén en destacar os estreitos vínculos e as boas relacións existentes entre os pobos venezolano e galego.

Jhonny Delgado e Randall Pinto trasladáronse a Galicia para realizar un curso de especialización en Santiago de Compostela. Durante a súa estadía, compaxinan a formación co labor pastoral en catro parroquias do Pino e noutras cinco de municipios da comarca.

Monseñor Barrios foi nomeado bispo de San Fernando de Apure polo papa León XIV en novembro de 2025 e recibiu a consagración episcopal o pasado 21 de febreiro. A súa visita a Galicia permítelle coñecer de primeira man o traballo que se desenvolve na arquidiócese de Santiago de Compostela e o labor pastoral dos sacerdotes venezolanos destinados na comunidade galega.

Tras reunirse co arcebispo de Santiago, monseñor Barrios visitou os relixiosos que exercen o seu ministerio no Pino. Nos vindeiros días desprazarase a Alacante para encontrarse con outros sacerdotes venezolanos e, posteriormente, viaxará a Roma, onde participará nun curso de formación pastoral no Vaticano.

Como lembranza da súa visita ao Pino, Manuel Taboada entregoulle unha reprodución do Códice Calixtino realizada por Cándido Pazos, un exemplar do libro de Juan Félix Neira sobre a Espiritada de Gonzar e unha figura dun peregrino elaborada en bronce.

Pola esquerda: José Fuentes, Randall Pintor, Elieser Antoino Barrios Rivero, Manuel Taboada e Jhonny Delgado diante da casa consistorial

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Arredor de 150 rapaces e rapazas desfrutan na Escola de Verán do Pino dunha programación chea de actividades
O Pino licitará nos vindeiros días a construción do novo local social de San Mamede de Ferreiros tras asinar o convenio coa Consellería de Cultura »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés