Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O alcalde felicita as xogadoras e xogadores do Pino que gañaron en Holanda o Campionato Europeo de fútbol gaélico en categoría cadete

Novas

05/05/2026
5 Mai

Durante a recepción oficial no salón de plenos, xunto ao seu adestrador e familiares, Manuel Taboada e Borja Castro entregáronlles unha medalla conmemorativa || Carla Suárez foi elixida a mellor xogadora do European Féile 2026

O alcalde, Manuel Taboada, felicitou as xogadoras e xogadores do Pino que a pasada fin de semana se proclamaron en Holanda campioas e campións de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete ao gañar o European Féile 2026. “Deixastes o nome do Pino no máis alto nun torneo continental, algo que é moi difícil de conseguir”, asegurou Taboada Vigo, que tivo palabras de ánimo para a lesionada Claudia Iglesias, e trasladoulle os parabéns de todo o municipio a Carla Suárez, elixida mellor xogadora do torneo.

A mocidade do Pino formou parte dos equipos Supernova (feminino) e Lugh (masculino) que o pasado sábado disputaron en Maastricht (Países Baixos) o European Féile 2026 de categoría cadete.

O equipo Supernova estaba formado, na súa gran maioría, polas xogadoras do Pino Alba Ferro, Claudia Iglesias, Claudia López, Sofía Penas, Sofía Pérez, Lucía Castro, Ana Mecías, Ángela Fandiño, Nerea Garea e Carla Suárez.

Pola sua banda, David Souto, Brais Sandá e Iker Naveiro formaron parte do equipo Lugh xunto con outros xogadores de Friol.

Na recepción oficial que lles ofreceron o alcalde e o concelleiro de Deportes do Pino, Manuel Taboada e Borja Castro entregáronlles unha medalla do Concello, “en recordo por este éxito que acabades de conseguir”. Ademais de familiares, no acto estivo tamén presente David de la Torre, adestrador dos equipos xunto con Alexandre Sanmartín. Ambos forman parte da Asociación de Fútbol Gaélico da Federación Galega de Fútbol, que impulsa o proxecto Gaélico Escolas para promover este deporte en Galicia.

No torneo celebrado en Holanda o pasado sábado os dous equipos galegos enfrontáronse a conxuntos de Alemaña, de Bruxelas, de Francia e de Luxemburgo, demostrando un gran nivel ademais de moito talento e espírito de equipo.

O Supernova feminino superou a fase de grupos gañando dous partidos e perdendo un. Na semifinal impúxose ao Agen A e conseguiu o título tras derrotar o Frankfurt nunha final moi disputada.

O Lugh masculino completou un torneo impecable, proclamándose campión invicto tras gañar a Bruxelas, a Berlín e a Luxemburgo, ao que se impuxo na final por 11-7.

Carla Suárez foi a MVP do Torneo European Féile 2026 celebrado en Holanda

Ademais dos éxitos colectivos, Carla Suárez foi recoñecida como MVP do torneo, premio como mellor xogadora do campionato polo seu gran nivel durante toda a competición.

Tras a recepción oficial, xogadores e xogadoras fixéronse unha foto oficial co alcalde e concelleiro, e outra cos familiares, antes de poñerlle a camiseta oficial que luciron en Holanda ao Galo Piñeiro que está diante da casa consistorial do Pino.

David Souto foi o encargado de poñerlle a camiseta do equipo ao Galego do Pino

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino súmase ás microcredenciais da USC e impartirá cursos de uso da IA e de xestión da terra durante o mes de maio
O Pino promove cursos de primeiros auxilios ao asinar un convenio con investigadores do Sicrus »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés