O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / O alcalde do Pino pediulle á Amtega información sobre os núcleos que terán fibra óptica este ano

O alcalde do Pino pediulle á Amtega información sobre os núcleos que terán fibra óptica este ano

Novas

20-03-2021
20Mar
  • O Concello quere saber que lugares se verán beneficiados polo plan de banda larga 2020 da Xunta e do Estado ||

  • Solicitará que toda a veciñanza teña opción de conectarse á internet de alta velocidade ||

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, remitiulle o pasado luns un escrito a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no que lle solicita ao organismo dependente da Xunta información sobre o despregue de fibra óptica no municipio. O goberno local quere saber que núcleos de poboación se verán beneficiados polo Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e polo Programa de extensión de banda larga de nova xeración do Goberno central.

O Plan de Banda Larga 2020, que foi aprobado pola Xunta en 2015, asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 300 Mbps (megas por segundo) para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga de máis de 100 Mbps.

O municipio do Pino ten máis de 150 núcleos de poboación. Manuel Taboada quere saber cales van poder contar con fibra óptica ou conexión de banda larga e en que datas está previsto facilitar este servizo á veciñanza.

Unha vez reciba a resposta oficial e se saiba que núcleos non van quedar cubertos con este plan, Manuel Taboada solicitaralle á oficina do Plan de Banda Larga da Amtega; ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e tamén ás empresas de telefonía que operan no Pino que “acometan as infraestruturas necesarias para que toda a veciñanza do concello poida ter acceso a banda larga para conectarse a internet”.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As empresas beneficiadas co PEL Reactiva teñen ata o 31 de marzo para xustificar os gastos no Concello
O Pino abre a preinscrición para o campamento de conciliación de Semana Santa »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

SAVE & ACCEPT
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés