Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Numerosas familias desfrutan no Pino cos xogos e obradoiros da quinta edición da Festa de Nadal

Novas

18/12/2023
18 Dec
  • A celebración, na praza do Concello, rematou coa peza de narración oral ‘O Apalpador conta con vós”

Despois de acender as luces a semana pasada, O Pino deulle a benvida ao Nadal este sábado 16 cunha gran festa familiar na que houbo obradoiros, xogos, espectáculos ou chocolatada, e que contou co ir e vir de numeroso público.

Unha carpa instalada na praza do Concello foi o escenario da celebración da quinta edición da Festa do Nadal, onde pequenos e maiores se sorprenderon co disparador de confeti e tiveron a oportunidade de elaborar os seus propios adornos de Nadal participando en distintos obradoiros con temática vencelladas a estas festas.

A diversión puxérona a música e os xogos en familia. Ademais, e como peche dunha entretida tarde, as persoas asistentes puideron desfrutar do espectáculo ‘O Apalpador conta con vós’, unha peza de narración oral a cargo de Caxoto Contacontos que espertou o interese da cativada ao desvelar cal é a ocupación desta personaxe mítica da tradición galega e, sobre todo, descubrir os consellos que hai que seguir para que neste Nadal nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe.

Tamén tivo moito éxito o posto de lambetadas, doces e chocolate instalado polo alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago coa fin de recadar fondos para a excursión de fin de curso.

Podes consultar as fotos desta xornada tan especial na páxina de Facebook do Concello de O Pino premendo nesta ligazón.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As orquestras Trebol e París de Noia xuntaron a centos de persoas na Festa da Xuventude do Pino
As persoas admitidas no Lecer Nadal 2023 deberán facer o pagamento antes do 21 de decembro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego