O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Novembro chega ao Pino con cursos de bolillos, costura, informática e… maxia!

Novembro chega ao Pino con cursos de bolillos, costura, informática e… maxia!

Cultura· Novas

27-10-2022
27 Out
  • Tamén volverá á biblioteca a actividade de conciliación Aula Aberta para a rapazada de entre 5 e 12 anos //

  • Xa está aberto o prazo de inscrición no centro sociocultural Luis Seoane //  

  • Descarga as fichas de inscrición dende a páxina web  //

Cartel dos cursos que comezan no Pino en novembro de 2022

O Concello do Pino arranca a súa programación cultural de novembro coa oferta de novos cursos para persoas adultas e mozas. Ademais de retomarse as clases de bolillos e costura tralo éxito colleitado en anteriores edicións, a veciñanza poderá aprender a realizar os trámites en liña máis habituais nun curso de informática práctica ao tempo que a rapazada entre 5 e 12 anos poderá gozar dunha tarde semanal de obradoiros e xogos na aula aberta da biblioteca. A gran novidade será unha escola de maxia con dúas horas de clase á semana  para aprender a facer os mellores trucos.

As clases de costura terán ata tres quendas para satisfacer a gran demanda coa que xa contaron en anos anteriores. Deste xeito, as persoas interesadas poderán asistir ou ben os martes pola mañá (entre 10.30 e 12.30 horas) ou os xoves pola tarde (de 16.30 a 18.30 horas ou de 19.30 a 21 horas). O prezo é de 20 euros mensuais.

Haberá así mesmo dous grupos nos cursos de bolillos e de informática. O de bolillos, cun custo de 35 euros ao mes, terá lugar os mércores pola tarde de 16.30 a 18.30 ou de 18.00 a 20.00 horas, mentres que o de informática se desenvolverá luns e mércores, ben pola mañá (de 10.30 a 12.00 horas) ou ben pola tarde (16.30 a 18.00 horas) en función da demanda.

O curso de informática, que ten un prezo de 20 euros, será eminentemente práctico e está pensando para axudar a veciñanza a desenvolverse nunha realidade cada vez máis dixital. Nel, as persoas asistentes poderán aprender a crear un documento, gardalo, mandar correos, adxuntar arquivos, etc, e a facer trámites habituais como pedir unha cita médica ou solicitar un permiso de queima.

Xa pensando na cativada, a biblioteca municipal abrirá as súas portas nas tardes dos mércores ou xoves, segundo a demanda, de cinco a sete na iniciativa de conciliación Aula aberta. Obradoiros temáticos, xogos cooperativos, contacontos ou un club de lectura son algunhas das actividades das que poderán gozar nenas e nenos de entre 5 e 12 anos. O prezo é de 20 euros.

Por último, e como gran novidade, O Pino estreará a súa Escola de maxia, onde mércores ou xoves, tamén segundo a demanda, as persoas interesadas poderán desenvolver habilidades para converterse en grandes ilusionistas. Serán dúas horas, de cinco a sete, e o custo é de 25 euros.

Todas as actividades levaranse a cabo no centro sociocultural Luis Seoane, agás o curso de informática, que se desenvolverá na aula TIC localizada no antigo centro de saúde da Avenida de Lugo. As inscricións faranse no propio centro sociocultural Luis Seoane ou no teléfono do mesmo: 981 51 10 65.

As fichas de inscrición para menores e adultos, e o documento de pagamento pódense descargar nos documentos adxuntos

Icon

Menores: ficha inscricion actividades outono 2022

1 file(s) 145.74 KB
Download
Icon

Adultos: ficha inscrición actividades outono 2022

1 file(s) 140.16 KB
Download
Icon

Documento de pago actividades outono 2022

1 file(s) 99.69 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O servizo gratuíto para arranxar incidencias no sinal de TDT deixará de operar o 31 de outubro
Concesión provisional das subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés