O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Nova orde de axudas da Xunta para a concesión de prestacións por fillos menores de 3 anos e convocatoria da Tarxeta Benvida

Nova orde de axudas da Xunta para a concesión de prestacións por fillos menores de 3 anos e convocatoria da Tarxeta Benvida

Novas

20-01-2020
20 Xan

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova orde de axudas para a concesión de prestacións para as familias con fillos a cargo menores de 3 anos para o ano 2020.

Poden beneficiarse aquelas persoas que teñan nenos ou nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 e que durante o ano 2018 ningún dos integrantes da unidade familiar presentara a declaración polo IRPF. Son igualmente beneficiarias as persoas que teñan fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de 3 anos, sendo a contía por un neno ou nena de 360 euros, 1200 polo segundo fillo ou filla e 2400 para terceiros fillos e sucesivos.

O prazo de presentación de solicitudes vai do 21 de xaneiro ao 9 de marzo de 2020. Para máis información sobre esta axuda, podes consultar a Orde publicada do DOG neste enlace  ou dirixirte ao departamento de Servizos Sociais do Concello.

Tarxeta Benvida 2020

Por outra banda, o DOG publica tamén hoxe as bases da convocatoria para acceder á Tarxeta Benvida, para nenos e nenas nados en 2020 e para familias que adopten ou sexan declaradas en situación de garda neste ano. Trátase dunha axuda directa que contribúe a sufragar os custos que trae consigo a chegada dun novo membro á familia. Faise efectiva a través dunha tarxeta que só pode ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

A contía desta axuda é de 1200 € por cada fillo ou filla durante un ano, a razón de 100€/mes, con carácter xeral. Unha das novidades deste ano é que se duplica a cantidade que se percibe polo terceiro fillo e sucesivos durante o primeiro ano, ata acadar os 2400 € anuais. Ademais, increméntase un 25% a contía para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes, amplíase ata os catro anos a axuda para as familias especialmente vulnerables e aumenta o prazo de presentación de solicitudes para os galegos no exterior que volvan a Galicia.

Para máis información sobre esta axuda, podes consultar a Orde publicada do DOG neste enlace ou dirixirte ao departamento de Servizos Sociais do Concello.

Tweet
Share46
Share
Pin
46 Shares
« O Concello convoca o XXI Concurso de Carteis de Entroido para nenos e nenas de 3 a 17 anos
O Pino acolle a exposición ‘Á violencia de xénero… dille non!’ »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés