O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / ‘Muller Dixital’ arranca no Pino coa xornada de formación para case unha vintena de asistentes

‘Muller Dixital’ arranca no Pino coa xornada de formación para case unha vintena de asistentes

Novas

18-11-2022
18 Nov
  • A vindeira semana comezará o curso de nivel básico para formar en tecnoloxía á mulleres inscritas como demandantes ou en mellora de emprego

O alcalde de O Pino, Manuel Taboada, e a concelleira de Cultura, Eva Varela, déronlle hoxe a benvida a un grupo de 17 mulleres que queren participar no curso básico do programa Muller Dixital. Esta formación, de carácter gratuíto, está dirixida a mulleres en situación de desemprego ou demandantes de mellora de emprego e o obxectivo principal do curso é eliminar o medo á tecnoloxía e aprender a facer uso da mesma.

O curso ten unha duración de 40 horas e desenvolverase de luns a venres, a partir da vindeira semana. Complementarase cun módulo de igualdade, de 5 horas, que se impartirá antes do 15 de decembro.

José Antonio Vázquez explicoulles ás asistentes en que vai consistir o curso e as materias que se van impartir. As asistentes a este curso recibirán como regalo unha tableta, que utilizarán durante o curso.

Ao longo desta formación tamén recibirán nocións sobre a historia da evolución informática e coñecerán a terminoloxía básica para poder desenvolverse no entorno dixital. As participantes traballarán co ordenador, a tableta e o teléfono móbil, empregando as ferramentas dispoñibles tanto en Google como en Microsoft para traballar na nube ou para, por exemplo, renovar a demanda de emprego cos caracteres DARDE, pedir ou xestionar unha cita médica, o uso da chave 365 ou consultar e como descargar unha vida laboral, entre outros contidos.

O curso de competencias dixitais básicas para mulleres está organizado pola entidade de formación Muller Dixital, en colaboración do Concello do Pino.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Taboada entrega os 7 desfibriladores mercados polo Concello para instalacións públicas do Pino
O Pino abre a inscrición no Lecer Nadal, destinado ás nenas e ós nenos de 3 a 12 anos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego