- Sesenta magníficos exemplares desta raza aviar autóctona, que afunde as súas raíces na antigüidade prerromana, participaron na exposición morfolóxica gañada polo criador Lucas Magadán //
- Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña e pregoeiro da celebración, agradeceu o labor duns criadores que “souberon facerlle pervivir a esta parte importante do noso patrimonio” //
- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, destacou a “recuperación dunha cita moi consolidada, da que xa había ganas despois de dous anos escuros” //
- A Mostra Cabalar reuniu centos de cabalos, poldros e eguas e repartiu preto de 4.000 euros en premios //
- Música, artesanía, obradoiros, unha degustación de galo e un xantar popular completaron a programación da xornada festiva //
Milleiros de persoas participaron hoxe, nunha xornada de sol radiante, na XXI Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia coa que O Pino enxalza os valores económicos, culturais e históricos destas dúas especies. Sesenta exemplares de galiñas e galos piñeiros vivos, procedentes de Galicia e doutras comunidades do norte de España, participaron nun certame morfolóxico que continúa a recuperar unha especie que funde as súas orixes en épocas prerromanas.
Desde as dez da mañá, numeroso público pasou pola XXI Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira. Nela puidéronse contemplar exemplares deste animal que hoxe, tras un proceso de recuperación, se cría en cada vez máis comunidades. O delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, foi o encargado de dar o pregón da Festa, acompañando no escenario principal ao alcalde do Pino, Manuel Taboada; á deputada autonómica Paula Prado; á cónsul de Cuba en Galicia, Yahima Martínez; os alcaldes de Boqueixón e Boimorto; e autoridades locais de Touro, Rois e Frades, que participaron na entrega de premios aos mellores galos e galiñas expostos. O xornalista de Radio Arzúa Armando Cascón foi o encargado da presentación do acto.
Gonzalo Trenor destacou no pregón o sabor “especial e intenso, pero suave e benvido polo padal”, dos pratos cociñados con galo de raza piñeira, unha especie que, segundo apuntou, “perdurou en Galicia porque sempre se adaptou moi ben ao noso territorio; e polo esforzo dun grupo pioneiro de biólogos e de 150 criadores que se empeñaron en que sobreviva esta parte tan importante do noso patrimonio. É un traballo que merece o noso aplauso e a nosa admiración”. O delegado da Xunta na Coruña fixo “votos para que o aprecio que todos profesamos polo galo piñeiro se traslade aos papeis e sexa recoñecido como raza autóctona a non máis tardar”, ofrecendo o seu “compromiso persoal con esta iniciativa”.
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, fixo entrega ao pregoeiro dunha estatuíña conmemorativa, agradecendo o compromiso de Trenor coa Festa e coa raza piñeira. O rexedor mostrouse satisfeito de que se puidese “recuperar esta cita tan arraigada despois de dous anos escuros. A Festa do Galo Piñeiro de 2022 é unha mostra de que a vida ten que volver á normalidade, de que temos que volver xuntarnos, con sentidiño, para gozar das cousas que nos unen”. Taboada quixo recoñecer o traballo das persoas que, “moitas veces no anonimato, fan posible esta Festa: concelleiros, integrantes da Asociación para a Recuperación, Defensa, Produción e Promoción da Galiña Piñeira (Agalpi) ou os criadores son imprescindibles para manter este símbolo do Concello do Pino. Eles e elas dan sentido á Festa”. Os representantes de Agalpi, pola súa banda, agradeceron o esforzo tanto ao Concello do Pino coma ao xuíz encargado de decidir o certame morfolóxico.
Como colofón ao pregón e entrega de premios, a artesá Ana Rosa Lista Sebe, referente do encaixe en Galicia, entregoulle ao alcalde do Pino unha creación baseada no cadro “O gaiteiro de Arca”, deseñado por Luís Seoane, o artista inmortal que dá nome ao centro cultural municipal. Lista é desde hai anos a encargada de impartir clases da súa arte á veciñanza do Pino e converteuse nunha persoa moi querida no municipio. De feito, hai tres anos recibiu unha homenaxe no Concello pola súa impagable labor.
O galo piñeiro
A importancia da recuperación do galo e da galiña de raza piñeira radica na súa relevancia histórica, económica e gastronómica. Os piñeiros son galos con carácter, de carne magra e sabor intenso, criados ao xeito tradicional e favorecidos pola súa necesidade de manterse activos. O galo piñeiro goza do sabor inconfundible dunha especie aviar alimentada e criada con calma e sabedoría, ao xeito tradicional e de forma sustentable e harmónica co territorio.
Degustación de galo e actividades para todas as idades
Antes da lectura do pregón, e coincidindo coa sesión vermú a cargo da cantante Ruth Cundíns, os asistentes puideron gozar dunha degustación de galo guisado, elaborado como é habitual polo restaurante A Magdalena de Castrofeito. Despois da entrega de premios levouse a cabo o xantar popular, ao que asistiu un milleiro de persoas. Entre ambos os dous actos gastronómicos, consumíronse na Festa máis de mil quilos de capón.
Xa ás once comezaron as actividades cun pasarrúas da charanga NBA e a apertura dunha mostra de artesanía que contou con exhibicións forxa, tear, arte de bolillos ou cantería; e obradoiros e xogos para as crianzas, que gozaron cos inchables, pintacaras ou globoflexia.
Mostra cabalar
Mentres, o apartado cabalar da Feira abríase ás nove da mañá. Centos de cabalos e de eguas participaron nos diferentes concursos morfolóxicos. Debe facerse mención especial ao premio Faísca, entregado ao mellor cabalo de pura raza española nacido e criado en Galicia, que será o protagonista da imaxe da Mostra Cabalar en 2023. A xornada rematou cunha exhibición ecuestre a cargo da Escola de Equitación El Centauro.
Con esta vixésimo primeira edición, a Feira do Galo Piñeiro recuperou o pulso tras dous anos de suspensión debido á pandemia. Pedrouzo reuniu a centos de familias locais e de fóra do Pino, así coma turistas e peregrinos, que puideron coñecer un pouco máis desta raza aviar. A celebración comezara xa onte, coa actuación da banda tributo Dr. Queen e do Bruxo Queiman.
Premios ás mellores aves
Na entrega de premios da Feira do Galo Piñeiro, organizada por Agalpi, sobresaíu o galo criado por Lucas Magadán que recibiu o premio á mellor ave exposta. Guillermo Vega, xuíz certificado pola Federación Española de Avicultura, foi o encargado da análise técnica das aves expostas, todas eles dunha enorme calidade. A relación de galardoados foi a seguinte:
MELLOR AVE EXPOSTA: Lucas Magadán. Entregou o premio a cónsul de Cuba en Galicia, Yahima Martínez.
GALOS DE RAZA PIÑEIRA
1º Lucas Magadán – Entrega o premio Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na provincia da Coruña
2º Diego Maroñas – Entrega o premio Manuel Fernández, alcalde de Boqueixón
3º Diego Maroñas – Entrega o premio María Jesús Novo, alcaldesa de Boimorto
GALIÑAS DE RAZA PIÑEIRA
1º Lucas Magadán – Entrega o premio Paula Prado, deputada autonómica
2º José Ramón Cillero – Entrega o premio Jesús Martínez, tenente de alcalde de Touro
3º José Ramón Cillero – Entrega o premio Manuel dos Santos, tenente de alcalde de Rois
GALOS DE CURRAL
1º Carme Barral – Entrega o premio Manuel Ferreiro, tenente de alcalde de Frades
2º Daniel Rojo – Entrega o premio Rafael Rivadulla, concelleiro en Arzúa
Premios da mostra cabalar
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e as concelleiras e concelleiros do equipo de goberno local foron os encargados de entregar os premios aos gañadores da mostra cabalar, que nesta vixésimo primeira edición foron os seguintes:
PREMIO ESPECIAL FAÍSCA ao mellor produto P.R.E. nado e criado en Galicia – Confitera Maig, de José Ignacio Mata (Teo)
PREMIO ESPECIAL AOS MELLORES MOVEMENTOS P.R.E. – Caprichosa, de Manuel Rosende (Teo)
PROBA DE ARRASTRE – Kiko, de Andrés Sixto (Santiago)
CABALOS PERCHERÓNS – Kiko, de Andrés Sixto (Santiago)
EGUAS PERCHERONAS
1º Azara, de José Luis Sixto (Santiago)
2º Numa, de Fernando Aldrey (Santiago)
3º Aurita, de Juan Chorén (Santiago)
POLDRAS CRUZADAS
1º Landra, de Cabalos Bragaña (A Estrada)
2º Aguila, de Aitana Carnota (Rois)
3º Valeria, de Juan Carlos dos Santos (Santiago)
POLDROS CRUZADOS
1º Galán C.S., de Cebeiro (Teo)
2º Faraón, de Higinio Aldrey
EGUAS CRUZADAS
1º Gala MR, de Jano Míguez (Val do Dubra)
2º Zuri, de Mario Carnota (Rois)
3º Quiara C.S., de Cebeiro (Teo)
CABALOS CRUZADOS
1º Roncero T.M., de Miguel Touceda (Valga)
2º Elmo, de Carlos Calvelo (Santiago)
3º Duque C.N., de Manuel Cajaraville (Teo)
POLDRAS P.R.E. 1-2 ANOS
1º Orgullosa de Sinde, de Ganadería Bustelo (Vedra)
2º Barbacana de Sinde, de Ganadería CB (Caldas)
3º Campanilla XCIX, de Javier Barcia (Cuntis)
POLDROS P.R.E. 1-2 ANOS
1º Bendito IX, de Her. Soneira
2º Victorino PG, de Patiño Guiñán
3º Braseiro R, de Her. Soneira
POLDRAS P.R.E. 3-4 ANOS
1º Bruma AG, de Ramos García (Teo)
2º Condesa de Cabaña, de Yeg. O Piorno (Teo)
3º Luna DXXVI, de Lucía Veiras (Santiago)
POLDROS P.R.E. 3-4 ANOS
1º Artista de Blanco, de Yeg. O Piorno
2º Fénix S.P., de Gand. Santos Pereiro (Ponte Caldelas)
3º Manijero JLevi, de Gand. Patiño Guillán
EGUAS P.R.E. 5-6 ANOS
1º Luminosa LXIX, de Hrm. Jiménez Salazar (Zamora)
2º Catrina RHH, de Carlos Calueso (Santiago)
3º Confitera Maig, de José Ignacio Mata (Santiago)
CABALOS P.R.E. 5-6 ANOS
1º Pol Ramses PG, de Yeg. Domínguez (Vilagarcía de Arousa)
EGUAS 7 ANOS
1º Gala CH, de Cebeiro (Teo)
2º Talaverana BJ, de Yeg. Piorno (Teo)
3º Flica, de Brais Iglesias (Santiago)
CABALOS 7 ANOS
1º Kirico PG, de Gand. Patiño Guillán (Vilagarcía de Arousa)
2º Salvador RJ, de Gand. Santos Pereira (Ponte Caldelas)
3º Egipcio CP, de Centro Ecuestre Faro das Lúas (Vilanova)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL
Mateo Munín Bahamonde e poni Faraona.
Enlaces aos álbumes de fotos na páxina de Facebook do Concello de O Pino:
- Pregón de Gonzalo Trenor e degustación de galo na Praza do Concello
- Concurso exhibición de Galo Piñeiro
- XXI Mostra Cabalar
- Feira de Artesanía
- Xantar popular