O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Máis de 300 persoas participaron na carreira e andaina 5 km pola igualdade en O Pino

Máis de 300 persoas participaron na carreira e andaina 5 km pola igualdade en O Pino

Novas

27-11-2021
27 Nov

Patricie Viadel e Víctor Ramos foron os gañadores absolutos da proba competitiva  ||  

Durante a lectura do manifesto institucional, a concelleira Mercedes Vázquez volve manifestar a repulsa ante todo tipo de violencia machista  ||  

Carreira 5 km pola Igualdade de O Pino. Participantes na liña de saída

Máis de trescentas persoas achegáronse esta tarde ata a área recreativa da Madalena para participar na segunda carreira e na terceira andaina 5 km pola igualdade, coas que o Concello de O Pino conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na lectura do manifesto institucional, a concelleira Mercedes Vázquez volveu manifestar “a repulsa ante todo tipo de violencia machista”.

Carreira 5 km pola Igualdade de O Pino. Paso pola capela da Madalena

Carreira e andaina desenvolvéronse sen incidencias, aínda que as persoas participantes tiveron que soportar unha forte choiva durante o percorrido. Na proba competitiva, Patricie Viadel, Paula Carballo e Marta Fernández foron as gañadoras na categoría feminina, cun tempos inferiores aos 25 minutos. Na categoría masculina os vencedores foron Víctor Ramos, Yago Iglesias e Ismael. García. As clasificacións da carreira pódense comprobar na web Carreiras Galegas (neste enlace).

Andaina 5 km pola Igualdade de O Pino. Participantes na liña de saída

Tras cruzar a liña de meta, e mentres repoñían forzas con froita e auga, as persoas participantes recibían como agasallo un gorro. A entrega de premios estivo presidida polo alcalde, Manuel Taboada, e a concelleira Mercedes Vázquez, despois de rematar a andaina. Tamén participaron os concelleiros José Fuentes e José Manuel Carreira, e a educadora familiar do Concello, Cruz Toande.

Máis fotos na páxina de Facebook do Concello do Pino (neste enlace)

Andaina 5 km pola Igualdade de O Pino. Primeiras participantes en chegar á meta

Carreira 5 km pola Igualdade de O Pino. Gañadores

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino concederalle axudas as familias que teñan fillos coa idea de fomentar a natalidade
Importes definitivos das axudas municipais para material escolar, informático e medidas de conciliación »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego