O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / Manuel Taboada Vigo afronta a súa 6ª lexislatura consecutiva como alcalde do Concello de O Pino

Manuel Taboada Vigo afronta a súa 6ª lexislatura consecutiva como alcalde do Concello de O Pino

Novas

15-06-2019
15Xuñ

 


Hoxe celebrouse o acto de constitución da Corporación do Concello de O Pino, despois da correspondente celebración das eleccións do pasado 26 de maio. Tras acadar a maioría absoluta con 6 concelleiros, Manuel Taboada Vigo asumiu a súa 6ª lexislatura consecutiva como alcalde do municipio. PSOE e BNG completan o organismo con 3 e 2 concelleiros respectivamente.

No mediodía de hoxe, Manuel Taboada Vigo foi nomeado alcalde do Concello de O Pino, despois de conseguir por sexta vez consecutiva a maioría absoluta nas eleccións do pasado 26 de maio. José Manuel Carreira López, Gerardo Pintor Gómez, Eva Varela Gago, Mercedes Vázquez e José Fuentes Barreiro forman o novo goberno, que ten nos dous últimos as súas incorporacións máis recentes ás listas do PP do municipio.

Por unha banda, tomaron tamén posesión do seu cargo como concelleiros Óscar Vilar Chento, Inka Lareo Vaamonde e Noris Núñez Rodríguez como representantes do Partido Socialista de Galicia. Por outra, o Bloque Nacionalista Galego completa o Concello de O Pino con Xosé Luís Vidal Brocos e Lucía Barreiro. Para Lareo, Núñez (PSOE) e Barreiro (BNG) esta lexislatura supón a súa estrea na Corporación.

No seu discurso de toma de posesión, Manuel Taboada quixo dar a benvida aos novos concelleiros e concelleiras e agradecer a súa labor aos que precederon. Coas súas palabras deixou claro que a prioridade deste nova etapa é traballar por mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, por iso emprenderá proxectos como a ampliación da escola infantil Galiña Azul, a construción do Centro de día e a regulación dos pisos turísticos, entre outros. Taboada “asumiu con responsabilidade o cargo de alcalde de O Pino, tendo en conta a premisa de que os veciños son sempre o primeiro”.

Coa entrega do bastón de mando, o Concello de O Pino deu por comezada esta undécima lexislatura, dende que en 1979 se celebraron as primeiras eleccións democráticas municipais, que se presenta con moitos retos e oportunidades para afianzarse como pilar fundamental do Camiño de Santiago en vista ao Xacobeo 2021 e para consolidar a súa importancia como enclave da contorna da capital galega.

A Corporación de O Pino para a presente lexislatura queda conformada polos seguintes concelleiros:

Partido Popular: José Manuel Carreira López, Gerardo Pintor Gómez, Eva Varela Gago, Mercedes Vázquez Rodeiro e José Fuentes Barreiro.

Partido Socialista: Óscar Vilar Chento, Inka Lareo Vaamonde e Noris Núñez Rodríguez.

Bloque Nacionalista Galego: Xosé Luís Vidal Brocos e Lucía Barreiro Capón.

Álbum de fotos do acto de toma de posesión no Facebook do Concello de O Pino (neste enlace)

Tweet
Share435
Share
Pin
435 Shares
« O alcalde agradece a dedicación dos concelleiros no pleno de peche de lexislatura
Ábrese o prazo de solicitudes para a Escola de Verán do concello de O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés