Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Manuel Taboada inicia a súa sétima lexislatura consecutiva como alcalde de O Pino con maioría absoluta

Novas

17/06/2023
17 Xuñ

Consuelo Abel  Suárez (BNG) e Borja Castro Hermida (PP) constituíron a mesa de idade

Manuel Taboada Vigo inicia hoxe a súa sétima lexislatura consecutiva como alcalde de O Pino con maioría absoluta, que nas eleccións do pasado 28 de maio incrementou ata os 7 concelleiros. No acto de constitución da Corporación do Concello de O Pino, celebrada esta mañá, Manuel Taboada comprometeuse a poñer en marcha iniciativas que beneficien a todas as persoas que viven no Pino e contribúan “ao progreso do noso municipio”.

O pleno da Corporación está formado por 7 concelleiros do PP (1.806 votos), 2 do BNG (592 votos) e 2 do PSdeG (482 votos). Tres son as novas incorporacións ao pleno, unha por cada grupo. Borja Castro (PP) e Consuelo Abel (BNG), ademais, conformaron a mesa de idade por ser os concelleiros de menor e maior idade, respectivamente. Polo PSdeG, Inmaculada Mosquera prometeu por primeira vez o seu cargo de concelleira.

Ao rematar a sesión fíxose a foto de familia da nova Corporación, na que non quixeron saír os dous concelleiros socialistas.

Integrantes da Corporación do Pino na lexislatura 2023-2027. Os concelleiros socialistas non quixeron saír na foto

No seu discurso de toma de posesión, Manuel Taboada deu a benvida aos novos concelleiros e concelleiras e agradeceu a súa labor aos que os precederon, e aclarou que a responsabilidade dos once concelleiros, “máis aló das diferencias ideolóxicas”, é “buscar solucións e poñer en marcha iniciativas que beneficien a todos os veciños e veciñas do Pino”, engadiu.

Taboada agradeceulle á veciñanza que volverán depositar a súa confianza no Partido Popular de forma maioritaria, o que lles permitiu sumar un concelleiro aos seis da pasada lexislatura. “Isto lévame a asumir aínda con máis responsabilidade o cargo de alcalde, tendo en conta sempre a premisa de que os veciños e veciñas serán sempre o primeiro”.

A continuación fixo mención a algúns dos proxectos que o novo goberno quere poñer en marcha nesta lexislatura, como a construción dun centro de día de 25 prazas “e seguir loitando por unha residencia para os nosos maiores”, reforzar os programas de conciliación e as axudas as familias, e aumentar o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar para mellorar a atención a todas as persoas que o necesiten.

“Despois de ter xa consultado coa veciñanza as súas necesidades, faremos unha modificación puntual do PXOM para facilitar a construción de vivendas unifamiliares nos núcleos rurais e permitir a expansión das explotacións agropecuarias”. Medidas que servirán para asentar poboación no rural e que o novo goberno que “complementar promovendo a construción de vivendas de promoción pública”, dixo o alcalde.

Levar a fibra óptica a todos os fogares do municipio sen acceso a internet e aprobar unha ordenanza municipal para regular as vivendas de uso turístico, en coordinación coa Axencia Turismo de Galicia e coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño de Santiago, son outros dos obxectivos do novo goberno do Pino.

Alcalde dende 1996 polo Partido Popular, Manuel Taboada conseguiu a súa primeira maioría absoluta nas eleccións municipais de 1999. Nas seguintes citas electorais repetiu vitoria, ata o pasado 28 de maio, cando acadou a súa sétima maioría absoluta. Esta mañá, coa entrega do bastón de mando, o Concello de O Pino deu por comezada esta duodécima lexislatura, dende que en 1979 se celebraron as primeiras eleccións democráticas municipais.

A Corporación de O Pino para a presente lexislatura queda conformada polos seguintes concelleiros:

Partido Popular: Manuel Taboada Vigo José Manuel Carreira López, Gerardo Pintor Gómez, Eva Varela Gago, Mercedes Vázquez Rodeiro, José Fuentes Barreiro e Borja Castro Hermida.

Bloque Nacionalista Galego: Xosé Luís Vidal Brocos e María Consuelo Abel Suárez.

Partido Socialista: Óscar Vilar Chento e Inmaculadad Mosquera Pereiro.

 

Equipo de goberno de O Pino

Equipo de goberno de O Pino para a lexislatura 2023-2027. Pola esquerda: José Manuel Carreira, Mercedes Vázquez, Eva Varela, José Fuentes, Manuel Taboada (alcalde), Gerardo Pintor e Borja Hermida

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Deputación financia os Servizos Sociais municipais cunha achega de 61.136 euros en 2023
Publícase a listaxe de nenas e nenos admitidos na Escola de Verán 2023 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés