- ‘Sesión O Pino volume 23’, escenificando a separación de Shakira e Piqué, e ‘El mundo animal’ gañan en carroza e grupo ||
- ‘Xeneral do Ulla’ e ‘Chica romana’ foron os mellores disfraces individuais infantís, e ‘O espírito do bosque’ entre os adultos ||
- ‘Maceta e regadeira’ imponse na categoría de parella ||
- A Orquestra Compostela animou unha tarde moi concorrida na praza do Concello ||
A ex parella de moda non faltou no concurso de Entroido do Pino, e a separación de Shakira e Piqué permitiulle a Sesión O Pino volume 23 gañar o primeiro premio na categoría de Carroza despois de chegar á praza do concello sobre un mini-twingo e amosar a súa particular escenificación do tema da colombiana e Bizarrap. O premio ao disfrace máis orixinal foi para Manolo e Maruxa, unha parella de amigos que semellaba moitos máis anos dos que tiñan estes dous nenos.
Na categoría individual, que foi na que houbo máis participantes, acabaron gañando Xeneral do Ulla e Chica romana, mentres que primeiro da categoría individual foi para O espírito do Bosque. Cunha Maceta e regadeira feita con material de refugallo (cartón, alambre e botellas) dous irmás gañaron na categoría de parella. El mundo animal levouse o premio na categoría de grupo.
O Concello de O Pino repartiu en premios preto de 1.500 euros, xa que na categoría de comparsa non houbo participantes este ano.
A Orquestra Compostela animou unha tarde moi concorrida na praza do Concello, na que o alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago ofrecían produtos típicos do Entroido, ademais de chocolate para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Con este motivo sortearon unha cesta que gañou Sonia Tarrío.