Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Máis de medio cento de persoas participaron en Pereira na cuarta edición do Pino Aventura

Novas

02/06/2025
2 Xuñ
  • Achegáronse ao Pino grupos de Lugo, de Vigo, de Cambados, de Moaña ou de Ponteareas //

  • Escadrón suicida, trío do Pino, impúxose na categoría de maiores de doce anos e AntonIagos, de Santiago, na de pequenos piñeiros //

Escadrón suicida, o único equipo do Pino que participou, alzouse como o flamante vencedor dunha nova edición do Pino Aventura, iniciativa coa que o Concello busca  fomentar a práctica de exercicio ao aire libre, o espíritu de equipo e dar a coñecer distintas paraxes do municipio. Na categoría de pequenos piñeiros, aqueles nos que algún participante ten menos de doce anos, impúxose un equipo de Santiago: AntonIagos.

Máis de medio cento de persoas déronse cita o sábado 31 de maio na cuarta edición do Pino Aventura, actividade que puxo a proba o sentido da orientación e a capacidade resolutiva dos participantes. Cinco equipos de pequenos piñeiros e outros oito de piñeiros tomaron parte na aventura, que nesta ocasión se desenvolveu por diferentes paraxes de San Miguel de Pereira, logo de dar a coñecer Arca, A Tarroeira e Ferreiros nas anteriores edicións.

Ademais de equipos do Pino, de Santiago ou de Arzúa, ata o noso concello se achegaron grupos de Lugo, de Vigo, de Cambados, de Moaña ou de Ponteareas. Todos eles tiñan como misión atopar unha serie de localizacións e, nalgúns dos casos, resolver ademais probas de lóxica ou de coñecemento. Tamén contaron cunha proba de habilidade, centrada desta volta no tiro con arco.

Uns petiscos rematado o tempo de competición, limitado a dúas horas e media, puxéronlle a guinda a unha xornada de exercicio, diversión e convivencia organizada coa axuda da empresa Territorio Comanche.

As clasificacións e as respostas correctas poden consultarse no seguinte arquivo:

Icon

Puntuacións e solucións das probas do Pino Aventura 2025

1 file(s) 2.77 MB
Download

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Máis de trescentos veciños réndenlle homenaxe a don José polos seus 65 anos de servizo sacerdotal
O Pino acolle dúas charlas do ‘Plan Maior Seguridade’ para previr riscos entre as persoas maiores »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés