Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Juan Félix Neira presenta no Pino o libro ‘A Espiritada de Gonzar’ no que recolle documentación inédita

Novas

23/04/2024
23 Abr

Na primeira metade do século XIX Josefa de la Torre pasou 40 anos deitada na cama alimentándose só da hostia consagrada  ||  

Juan Félix Neira recoñece que para uns trátase do primeiro caso documentado de anorexia nerviosa e, para outros, unha elixida de Deus  ||  

O alcalde, Manuel Taboada, agradece o traballo do profesor para darlle visibilidade a un caso único que chamou a atención de persoeiros como Emilia Pardo Bazán ou Valle-Inclán  ||  

Pola esquerda: Juan Félix Neira Pérez (autor do libro), Manuel Taboada (alcalde), José María Vázquez (párroco de Gonzar) e Eva Varela (concelleira de Cultura do Pino)

Na primeira metade do século XIX, Josefa de la Torre (1773-1848) caeu enferma pouco despois de cumprir os trinta anos e sobreviviu 42 anos sen comer nin beber, circunstancia acreditada polas autoridades médicas, civís e relixiosas da época. Juan Félix Neira Pérez, catedrático de Latín do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, presentou esta tarde no Pino o libro A Espiritada de Gonzar. Do xaxún á santidade no que narra a historia desta veciña de Gonzar que se alimentaba só da hostia consagrada que lle levaba o cura de cando en vez.

Preto dun cento de persoas déronse cita no local social de Gonzar para asistir a presentación da obra, amosando o interese que esperta entre a veciñanza a historia de Josefa de la Torre, que naceu en Gastrar (Boqueixón) en 1773 e converteuse, para moitos, na santa de Gonzar, despois de vivir catro décadas sin comer nin beber. A presentación desta obra forma parte do programa de actos cos que o Concello do Pino conmemorou o Día do Libro. Na presentación estiveron presentes a concelleira de Cultura do Pino, Eva Varela, e o párroco de Gonzar, José María Vázquez.

Juan Félix Neira recolle no libro moita documentación inédita sobre o caso, “que ata o momento permaneceu muda nos arquivos”, dixo durante a presentación. O autor agradeceu a colaboración do Concello de O Pino, especialmente a do seu alcalde, Manuel Taboada, e a da Deputación da Coruña, que fixeron posible a publicación deste libro.

Manuel Taboada agradeceulle ao autor o traballo realizado para investigar máis sobre a vida dunha veciña do Pino que, no seu día, “chamou a atención de moitos persoeiros e institucións, dende o Arcebispado de Santiago, ata a Academia Galega de Ciencias, estamentos militares ou Emilia Pardo Bazán e Valle-Inclán”, asegurou.

Para Juan Félix Neira, este “é un caso de película”. En 2022 estreouse El prodigio, ambientada na rexión das Midlands irlandesas e que conta a historia dunha nena de 11 anos que en 1862 estivo anos sen comer. “Aínda que posterior no tempo, é un caso similar ao de Josefa de la Torre”, asegurou o autor durante a presentación.

Juan Félix Neira Pérez é catedrático de Latín no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, e profesor de Literatura Española e Clásica na UNED da Coruña. Xunto á docencia gusta da investigación arquivística. Actualmente prepara a súa tese de doutoramento sobre a arte relixiosa no arciprestado de Seaia.

Numeroso público asistíu no local social de Gonzar á presentacion do libro ‘A Espiritada de Gonzar’

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Abre a inscrición para a terceira edición de O Pino Aventura, que será o 11 de maio en Ferreiros
O Concello de O Pino abre o prazo de inscricións para o programa Vai de Auga »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego