O Club Atletismo O Pino foi o gañador en categoría feminina e quedou segundo na masculina, por detrás do C.A. Sar ||
Máis de 400 atletas participaron nas probas das diferentes categorías, celebradas esta mañá ||
Os menores de 6 anos correron a pesar da intensa choiva no momento da proba ||
Juan Álvarez Cures, do C.A. O Pino, e Zelinda Spencer, do Oviedo Atletismo, foron os gañadores da categoría absoluta da carreira pedestre popular Os 8000 do Pino, celebrada esta mañá en Arca. Na clasificación por clubes, o equipo local consegiu o primeiro posto en categoría feminina, e quedou de segundo na categoría masculina.
Máis de 400 atletas participaron nas sete categorías das que constaba esta carreira popular, promovida polo Concello de O Pino, con distancias que socilaban entre os 340 metros (categoría sub-6) e os oito quilómetros (absoluta). A animación na praza de Forcarei, onde estaba situada a saída e meta, foi constante durante toda a mañá, incluso no momento da carreira de menores de 6 anos, cando unha forte balloada non impedíu que os 40 inscritos facer o percorrido, nalgúns casos acompañados polo pai ou a nai, a pesar da choiva. Todos os escolares levaron unha medalla como recordo.
Na categoría absoluta, os primeiros postos foron para Juan Álvarez, cun tempo de 27:20, seguido de Abel Barros (27:36) e Alejandro Pesado (28:01). En categoría feminina, detrás de Zelinda Spencer (31:54) curzaron a meta Rocío Albite (32:47) e Martina Tasende (33:30).
Na entrega de premios, houbo tamén trofeos para os atletas do Pino que non resultaron gañadores nas súas categorías. Neste apartado subiron ao podio Susan Rial, Enma Argibay, Ángeles Salmonte, Manuel Gomez, Iván Gontán e Borja Castro.
Clasificación por categorías
No resto de categorías as clasificacións quedaron da seguinte maneira:
Categoría Sub-8: Mario Mera, Antón Boveda e Lucas Barco (masculina) e Naira Villaverde, Alice Martín e Zaira Alonso (feminina).
Categorías sub-10: Breixo López, Iván Suárez e Martín García (masculina), e Aitana García, Area Mato e Chanel Penas (féminina).
Categorías sub-12: Ainoa Galán foi a gañadora absoluta desta categoría, seguida por Ana Mecías e Judit Barros. Pola súa banda, Darío Martínez, Marcos Barcala e Daniel Camba gañaron na categoría masculina, entrando na meta xusto por detrás de Ainoa Galán.
Categoría sub-14: Santiago Mecías, Ángel Mirás e Rodríguez Sanjuás (masculina) e Soría Caldas, Ariana Collazo e Carla Riveira (feminina)
Categoría sub-16 e sub-18: Lucas García, Lucas Ribó e Daniel Maneiro (masculina), Xoana Méndez, Natalia Argibay e Nerea Martinez (feminina).