Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Javier Posse recibe a homenaxe de 300 persoas no Pino despois da súa xubilación como párroco de Budiño, Cesar, Marantes, Nemenzo e Verdía

Novas

19/05/2026
19 Mai

O cura de 90 anos, visiblemente emocionado, agradeceu o agarimo de todas as persoas asistentes  ||  

“Axudou a fortalecer o tecido social de Budiño, a manter vivas as nosas tradicións e a lembrarnos o valor da solidariedade e do respecto”, asegurou o alcalde do Pino, Manuel Taboada  ||  

María José Pardal, integrante da comisión organizadora: “Vostede foi o fío invisible que mantivo unidas varias xeracións das nosas parroquias”  ||  

Asistiron tamén o vicario episcopal, Juan González, o alcalde de Oroso, Álex Doval, e o portavoz do PP de Santiago, Borja Verea  ||  

Foto de familia das autoridades e sacerdotes con D. Javier Posse Bouzas e asistentes á misa na carballeira da Madalena

 

Javier Posse Bouzas non puido conter as bágoas. Aos seus 90 anos, este “humilde cura” recentemente xubilado emocionouse varias veces durante a homenaxe que lle tributaron os que foron os seus fregueses na parroquia de Budiño durante 39 anos, e nas compostelás de Marantes (62 anos), de Nemenzo (61), de Verdía (52) e de Cesar (39). Unhas 300 persoas asistiron á misa e ao xantar de confraternidade celebrado este domingo na área recreativa da Madalena, “un acto no que celebramos a vida, a dedicación e a humanidade de don Javier”, asegurou o alcalde do Pino. “O afecto de xeracións enteiras conséguese con proximidade, con compromiso e cun profundo amor polas persoas”, afirmou Manuel Taboada.

O cura párroco de Budiño ata novembro do pasado ano “foi un punto de encontro, un mediador, unha fonte de apoio para aqueles que máis o necesitaban. Axudou a fortalecer o tecido social de Budiño, a manter vivas as nosas tradicións e a lembrarnos o valor da solidariedade e do respecto”, asegurou Manuel Taboada.

Emotivas foron tamén as palabras de María José Pardal. “Nunca nos deixou sós. Foi o fío invisible que mantivo unidas varias xeracións das nosas parroquias. É parte da nosa historia, da nosa vida e de cada unha das nosas familias”, asegurou esta veciña de Marantes e integrante da comisión organizadora do acto.

A homenaxe comezou cunha misa na carballeira da Madalena, cantada polo Coro de Budiño; oficiada polo vicario episcopal Juan González Redondo, e concelebrada polo propio Javier Posse; polo párroco emérito de Lavacolla, Manuel Botana, e por Jhonny Delgado e Randal Pintor, os dous curas que atenden agora as parroquias de Budiño, de Cesar, de Nemenzo, de Marantes e de Verdía.

Manuel Taboada presidiu os actos, aos que tamén asistiron o alcalde de Oroso, Álex Doval; o portavoz do PP en Santiago, Borja Verea; e o arcipreste de Ferreiros e Sobrado, José Manuel Recarey. Carmen Posse e Manuel Varela, irmá e cuñado do homenaxeado, estiveron presentes na celebración, así como Manuel Otero, amigo persoal do párroco.

Manuel Taboada Vigo, alcalde do Pino, entregoulle unha placa a D. Javier Posse Bouzas en nome do Concello

“Hoxe celebramos a vida, a dedicación e a humanidade de don Javier, que sempre estivo aí, con discreción, con humildade e cunha vocación que transcendeu os muros da igrexa para formar parte do corazón mesmo desta comunidade”, afirmou Manuel Taboada antes de entregarlle unha placa conmemorativa ao sacerdote.

Membros da comisión organizadora (2 persoas de cada unha das 5 parroquias) de pé, xunto a Borja Verea, durante a homenaxe a Javier Posse Bouzas

O acto estivo organizado por unha comisión formada por dez persoas, dúas de cada unha das parroquias. María José Pardal e José Fuentes entregáronlle outra placa a Javier Posse e dérolle as grazas “pola súa entrega incansable, polo seu exemplo de vida e por non cansar nunca de estar con nós”.

O director do Coro de Budiño, Miguel Sánchez, entregoulle unha pluma e un bolígrafo e animou o sacerdote a escribir as súas memorias.

Visiblemente emocionando, Javier Posse agradeceu as mostras de agarimo. “Cáenme as bágoas”, asegurou e lembroulle aos presentes que “hai que ser humildes na vida como o foi Xesús de Nazaret”. O cura rexeitou escribir as súas memorias “para preservar a privacidade” de todas as persoas ás que atendeu durante máis de 62 anos de exercicio.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino asina un convenio con Inserta Emprego para fomentar o emprego das persoas con discapacidade
O alcalde do Pino e o conselleiro de Cultura abordan melloras en infraestruturas e accións de dinamización de cara ao Xacobeo 2027 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés