O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Inscrición nas probas de Graduado en ESO

Inscrición nas probas de Graduado en ESO

Novas

13-02-2014
13 Feb

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante resolución do 15 de xaneiro de 2014 (DOG 7 de febreiro), convoca as probas  para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos.

 Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación se­cundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008)
  4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2013/14 nas ensinanzas de edu­cación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesio­nal inicial.

Os prazos de matrícula serán:

  • Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que te­ñan que presentar nova documentación.

Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI ou pasaporte, ou doutro documento equivalente cando non se au­torice a súa consulta telemática ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade
  • Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en ante­riores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas nos números 3, 4 e 5 da epígrafe décima desta resolución.
  • Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
  • Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.

Normativa  e empresos de solicitude na seguinte ligazón:

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=540A&procedemento=ED540A

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Proba para a obtención do título de Bacharelato
Probas de avaliación de competencias clave »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego