A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.
- Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
- Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/2016 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.