Os vecinos e veciñas do Concello de O Pino que resultaron afectados polos cortes no subministro eléctrico ocasionados por mor dos temporais acaecidos en días pasados, poderán presentar reclamacións por escrito á compañía subministradora.
Coa reclamación deberán achegar a seguinte documentación:
-
DNI.
-
Datos da compañía subministradora (reflexada na factura da luz).
-
Titular, enderezo e núm. de contrato.
-
Días ou horas nos que se suspendeu o subministro da luz.
-
Reportaxe fotográfica dos danos producidos.
-
Facturas, ou na súa ausencia, valoración económica ou un informe técnico dos danos e a súa reparación.
Para maior comodidade facilitámoslle dous modelos, un do Instituto Galego de Consumo (IGC) e outro para reclamar á compañía subministradora.
Primeiro deberá presentarse a reclamación á compañía subministradora, transcurrido 1 mes sin que haxa recibido resposta, presentarase ao IGC.
Os interesados/as en presentar a reclamación poderán acudir ás oficinas municipais para prestarlles axuda na cumprimentación da mesma.