Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Habrahan Ochum gaña o II Concurso de Murais do Concello do Pino coa proposta ‘O último selo’

Novas

28/07/2026
28 Xul

O artista logra un premio de 2.000 euros e executará un mural inspirado na última etapa do Camiño Francés e na Festa do Galo Piñeiro ||

O xurado destacou a orixinalidade da proposta e a súa capacidade para converterse nun elemento identificativo do municipio ||

O artista Habrahan Ochum Barrios Cortez é o gañador do II Concurso de Murais do Concello do Pino coa proposta O último selo, unha obra que será plasmada nun mural de gran formato e que contribuirá a reforzar a identidade turística e cultural do municipio, tomando como fío condutor dous dos seus principais sinais de identidade: o Camiño de Santiago e a Festa do Galo Piñeiro.

O xurado, reunido o 24 de xullo, acordou por unanimidade conceder o primeiro premio á proposta gañadora tras valorar as oito obras admitidas a concurso. O último selo obtivo a máxima puntuación posible, 15 puntos, ao destacar nos tres criterios establecidos nas bases: adaptación á temática, orixinalidade e dificultade técnica.

Na súa valoración, o xurado salientou que a proposta representa “de maneira excelente a condición do Concello do Pino como última etapa do Camiño Francés”, integrando tamén elementos propios da Festa do Galo Piñeiro nunha composición de grande forza simbólica. Así mesmo, destacou que o concepto do selo da persoa peregrina como elemento central do mural constitúe “unha proposta singular, innovadora e perfectamente recoñecible”, con capacidade para converterse nun novo elemento identificativo do municipio. Tamén puxo en valor a elevada calidade estética da obra e a súa notable viabilidade para ser executada sobre un soporte mural de gran formato.

O concurso contou finalmente con oito propostas admitidas, presentadas baixo lema para garantir o anonimato durante o proceso de valoración.

Como gañador, Habrahan Ochum recibirá un premio de 2.000 euros. Ademais, o Concello asumirá a adquisición dos materiais necesarios para a execución da obra ata un importe máximo de 1.000 euros (IVE incluído).

A realización do mural comezará esta mesma semana, co obxectivo de que estea xa concluída de cara á celebración esta fin de semana da Festa do Galo Piñeiro.

Coa segunda edición deste certame, o Concello do Pino consolida unha iniciativa que busca embelecer espazos públicos mediante intervencións artísticas de calidade, ao tempo que promove a difusión dos principais recursos patrimoniais, culturais e turísticos do municipio a través da arte urbana.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino entregará as distincións aos mellores deportistas o xoves 30 de xullo
Manuel Taboada: “Hoxe premiamos os mellores deportistas, que son os embaixadores do Pino nas diferentes competicións” »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés