O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Fomento atende a petición do Concello de O Pino e asfaltará as vías paralelas á autovía A-54 para dar servizo aos veciños de Castrofeito

Fomento atende a petición do Concello de O Pino e asfaltará as vías paralelas á autovía A-54 para dar servizo aos veciños de Castrofeito

Novas

28-03-2019
28 Mar

O Ministerio de Fomento atenderá a petición feita polo alcalde de O Pino, Manuel Taboada, e asfaltará as vías de servizo paralelas á autovía de Lavacolla á altura da conexión coa autovía de Lugo, unha medida da que se beneficiarán os veciños de Castrofeito e doutros lugares do municipio, que poderán acceder ao núcleo de Lavacolla e ao aeroporto sen necesidade de entrar na autovía. Una vez rematadas as obras, o transporte público de viaxeiros tamén poderá utilizar estes viais para darlle servizo aos veciños da zona. O alcalde tamén solicitou que Fomento asfalte as vías de servizo paralelas á A-54 en Ferreiros e que en todas os sinais que fan referencia a localidades do municipio se inclúa a palabra O Pino para facilitarlle a localización a todos os usuarios da autovía.

A autovía A-54, que prolongará a de Lavacolla ata Arzúa, vai entrar proximamente en funcionamento. Ante esta situación, o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, reuniuse este martes na delegación do Ministerio de Fomento na Coruña co enxeñeiro xefe de Estradas do Estado en Galicia e coa directora de obra da autovía, aos que lles solicitou tres actuacións concretas para mellorar o tráfico e a sinalización no municipio do Pino.
Así, o alcalde pediulle a Ángel González del Río, que Fomento asfalte as vías de servizo paralelas á autovía a altura da antiga rotonda de Lavacolla para que poidan enlazar coas estradas N-547 (Santiago-Lugo) e N-634 Lavacolla-Curtis, coa finalidade de permitir que os veciños do Pino (sobre todo os residentes de Castrofeito e os que teñen leiras nas inmediacións) e outros vehículos que teñan prohibida a circulación pola autovía poidan seguir a súa viaxe ata Lavacolla ou o aeroporto.

Manuel Taboada tamén incluíu na súa petición que a nova ponte que se construíu sobre a A-54 nesta zona, nas inmediacións do mesón Cima das Quintas, permita enlazar e conectar a N-634 co outro lado da autovía (por onde transcorre o Camiño de Santiago, na marxe esquerda dirección Compostela), facilitando así a comunicación entre as dúas marxes da A-54 ao tempo que, con esta actuación, se poderían manter as actuais paradas do autobús de liña regular de viaxeiros que utilizan tanto a N-547 como a N-634.

Esta petición está baseada en que coa construción da A-54 e a nova rotonda xunto ao centro loxístico do Ministerio de Fomento, a estrada N-547 quedou cortada. Nas inmediacións da autovía estase acondicionando unha vía de servizo que, na actualidade, constitúe ademais o desvío provisional do Camiño de Santiago (na marxe esquerda da autovía dirección a Compostela). Este tramo é o que permitiría conectar o Pino co núcleo de Lavacolla e o aeroporto, sen necesidade de utilizar a autovía. Ademais, a nova ponte construída sobre a A-54 permite conectar a N-634 e o mesón a Cima das Quintas, co Camiño de Santiago.

O enxeñeiro xefe de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, xa lle adiantou ao alcalde de O Pino que Fomento atenderá esta petición.

Aglomerado en Ferreiros e paneis informativos

Ante o previsible incremento de tráfico polas estradas locais para acceder e saír da autovía á altura da parroquia de Ferreiros, outra das peticións de Manuel Taboada ao Ministerio de Fomento foi a de que asfalten as vías de servizo paralelas á autovía entre as dúas primeiras rotondas da autovía en dirección Arzúa-Santiago.

Na explicación de motivos, o Concello recorda que a maioría destas vías locais, que darían acceso á A-54 dende a estrada N-547, teñen apenas 3,5 metros de ancho, polo que o incremento de tráfico polas mesmas suporía un perigo tanto para os condutores e usuarios da A-54 como para os propios veciños.

Por último, Taboda pediulle a Fomento que en todos os paneis informativos e sinais verticais de núcleos do municipio que figuran actualmente na autovía se inclúa o nome O Pino, para facilitarlle a identificación e localización a todos os condutores. Como exemplo cita que o enlace coa capital do municipio está sinalizado na A-54 como ‘Pedrouzo’ (o que pode resultar descoñecido para moitos condutores). Por este motivo, solicita que nas sinais verticais, a todas as localidades do municipio se lles engada a palabra ‘O Pino’ (neste caso quedaría ‘Pedrouzo O Pino’).
Dende o ministerio de Fomento comprometéronse a estudar estas dúas peticións.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Convocadas axudas económicas para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres
XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés