Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

FAÍSCA [nº16/2024]

Faísca. Revista de información municipal

27/12/2024
27 Dec

Mellorando os servizos a toda a veciñanza

Bo Nadal, veciñas e veciños.

Un ano máis poñemos nas túas máns a revista FAÍSCA para compartir contigo unha parte do traballo que desenvolvemos dende o equipo de goberno durante os últimos doce meses. A través destas páxinas, e para ser fieis ao noso compromiso de transparencia contigo e con toda a veciñanza do municipio, infórmote dos proxectos que imos executando e poñendo en marcha.

Uns proxectos que este ano que está a piques de rematar estiveron encamiñados a mellorar os servizos que dende o Concello prestamos á veciñanza. É o caso da extensión da rede de fibra óptica ás casas que non tiñan conexión a internet, como ocorre na maioría da parroquia de Pastor. Fixemos un investimento superior aos 80.000 euros colocando os postes necesarios para que durante o primeiro trimestre do 2025, a empresa Rede Aberta (en base ao convenio asinado co Concello) achegue a fibra óptica a todos os fogares que non tiñan acceso a internet, para que poidan contratar coa operadora que consideren convinte unha conexión de calidade, como nas cidades.

As dúas casas do maior que acondicionamos nas antigas escolas unitarias de Lardeiros e Boavista (San Breixo) teñen como obxectivo poder atender preto dos seus fogares en cada centro a cinco persoas de 60 anos ou máis. Este servizo será prestado por unha persoa autónoma, ou unha coperativa de traballo social. Ademais da proximidade á casa das persoas usuarias, este é un servizo gratuíto, e dende o Concello estamos dispostos a habilitar máis edificios para instalar unha casa do maior nas parroquias nas que haxa demanda suficiente. Por estes motivos descartamos o centro de día, pero seguimos facendo xestións para construír unha residencia da terceira idade, para darlle unha alternativa a aquelas persoas maiores que queiran seguir vivindo cerca das súas casas cando non poidan valerse por sí mesmas.

Estes son dous dos proxectos que estamos a desenvolver para mellorar a calidade de vida da veciñanza. Como o son, tamén, os programas de conciliación familiar dirixidos aos escolares durante as vacacións, aos que este ano sumamos a iniciativa Viaxando coa cativada, para amosarlles fermosos lugares de Galicia. O mesmo ocorre con Camiña e Descubre, que atrae incluso a xentes doutros concellos da contorna, coa Ximnasia por parroquias, e mesmo cos programa de estimulación cognitiva ou as actividades socioculturais e deportivas que temos en marcha.

Unha amplia oferta que complementamos con melloras nas infraestruturas, como a nova depuradora de Arca, a ampliación de sendas peonís ou a inminente reposición de beirarrúas en Arca, sen esquecernos de loubar o traballo de todas aquelas persoas que tanto fixeron polo progreso do Pino. Por iso homenaxeamos a Manuel Barreiro Mosquera, quen lle da nome a nova Casa da Música, e seguiremos facendo o recoñecemento aos nosos maiores na súa festa anual.

Todos estes logros son froito dun traballo colectivo e do apoio que nos brindades. Agardo que poidas gozar destas festas en compañía dos teus seres queridos. Feliz Nadal e venturoso Anivovo.

Manuel Taboada Vigo
Alcalde de O Pino

 

Descarga o PDF deste número de FAÍSCA
FAÍSCA [nº16/2024]
Publish PDF flipbooks online Created using FlowPaper Flipbook Maker ↗
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino prolonga a festa da véspera de Reis cun festival de música para a mocidade
Debris Paniagua e Daniel Loureiro gañan a primeira edición da San Silvestre do Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego