Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

FAÍSCA [nº15/2023]

Faísca. Revista de información municipal

27/12/2023
27 Dec

Seguimos traballando por un futuro mellor

Bo Nadal, veciñas e veciños.

É para min unha honra dirixirme a vós un ano máis como alcalde do Pino. Quero agradecervos a confianza que volvestes depositar no equipo de goberno que dirixo e comprométome a traballar arreo outros catro anos para mellorar a vosa calidade de vida e para que O Pino siga avanzando. Poñer en valor todo o que se fai no noso municipio é un dos nosos obxectivos. Por este motivo acabamos de recoñecer a traxectoria de catro deportistas que son xa unha referencia nas súas respectivas disciplinas. Carmen Pérez, Agustín Orechia, Xoel Suárez e Xoel Blanco son un exemplo a imitar, e agardamos que o seu esforzo siga colleitando froitos no futuro.

Moitos éxitos ten acadado tamén a Banda de Música de Arca ao longo dos seus 160 anos de historia. Nesta nova etapa con Antía Cores de presidenta, con Andrés Pérez como director e coa incorporación de moitos mozos e mozas amantes da música estou seguro de que se manterá como unha das agrupacións máis salientables do país. Dende o Concello poñemos á súa disposición un novo local para que continúe formando a esa mocidade que convive e aprende de músicos veteranos como Manuel Barreiro ‘O Padriño’.

Continuaremos apostando polas actividades culturais, de conciliación e que fomenten o benestar de todos e todas, como a Festa da familia, as escolas deportivas ou a ximnasia por parroquias; percorrendo novos camiños e estando ao lado das familias, tanto coas axudas á natalidade, como cos programas de lecer nas vacacións escolares ou coa axuda no fogar. Abriremos portas de todas as cores para fomentar a igualdade entre homes e mulleres, sen esquecernos de apoiar e recoñecer o traballo das persoas maiores, empresarias, autónomas, artesás ou as que se dedican ao sector primario. A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar é un exemplo desta aposta.

O coidado do medio natural é, e seguirá sendo, outro dos compromisos do equipo de goberno. A depuradora de Arca, que moi pronto entrará en funcionamento, e a implantación do contedor marrón axudarannos a acadar ese obxectivo, para o que é imprescindible a colaboración de todos e todas.

Como fixemos neste 2023, no que reciclamos máis de 2.000 toneladas de residuos de todo tipo.

A todo isto únese o esforzo que fixo o goberno para mellorar as comunicacións no municipio, facilitando a mobilidade e garantindo a seguridade viaria de peóns e condutores. No último ano, O Pino licitou obras por cerca de cinco millóns de euros, máis que o Concello de Santiago.

Seguimos traballando por un futuro mellor para O Pino. Grazas polo voso apoio. Feliz Nadal e venturoso Aninovo para todas e todos.

Nova Corporación tras as municipais

O 17 de xuño de 2023 constituíase a nova Corporación do Pino tras as eleccións municipais do 28 de maio, nas que o Partido Popular renovou maioría absoluta e conseguiu aumentar un concelleiro, quedando con 7 representantes. O BNG queda como segunda forza, con 2 concelleiros, o mesmo número que o PSdeG. Rematado o primeiro pleno da lexislatura, os e as edís fixéronse unha foto de familia, salvo o grupo socialista que non quixo saír na imaxe.

Manuel Taboada Vigo
Alcalde de O Pino

 

Descarga o PDF deste número de FAÍSCA
FAÍSCA [nº15/2023]
Publish PDF flipbooks online Created using FlowPaper Flipbook Maker ↗
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As persoas admitidas no Lecer Nadal 2023 deberán facer o pagamento antes do 21 de decembro
O Pino aproba modificar o convenio con Augas de Galicia para a construción da depuradora »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego