Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

FAÍSCA [nº14/2022]

Faísca. Revista de información municipal

27/12/2022
27 Dec

Un municipio atractivo para vivir

Bo Nadal, veciñas e veciños:

Unha vez máis volvemos facer balance do traballo realizado nos últimos doce meses e que podes ver resumido neste número da revista Faísca. Neste ano de paulatina volta á normalidade, fomos recuperando algunhas das iniciativas tradicionalmente máis demandadas por persoas de diferentes idades. Puidémolo ver coa afluencia aos programas de conciliación durante as vacacións escolares, con máis de 150 nenas e nenos matrículados na Escola de Verán; coas actividades que desenvolvemos xunto coa escola unitaria de Gonzar; ou coa matrícula na Galiña Azul. Unha escola infantil que, polo seu bo facer, a Xunta de Galicia escolleu tanto para pechar o curso 2021-2022 como para comezar o actual 2022-2023. As propostas para a xente nova tiveron o seu cumio en setembro na Festa O Papaventos (louvada por moitas persoas de municipios da contorna) e que complementamos coas axudas á natalidade, das que este ano se beneficiaron 17 familias.

Neste 2022 tampouco nos esquecemos da mocidade, para a que organizamos diferentes xornadas formativas, conscientes de que eles e elas tamén son responsables de construír unha sociedade máis igualitaria. A oferta cultural, de ocio e deportiva que lles ofrecemos dende o Concello é o suficientemente variada e atractiva como para sentirse orgullosos de vivir no Pino. Mostra disto é que as escolas deportivas municipais volven recuperar o pulo de antano con máis de 400 inscritos (entre escolares e maiores), e que houbo unha grande afluencia á piscina no verán, ao ximnasio municipal e ás diferentes competicións organizadas.

Na oferta municipal non esquecemos ás persoas maiores, ás que animamos a seguir formándose en charlas ou en cursos como Camiños de coñecemento e experiencia; facer exercicio na Ximnasia por parroquias; acudir ás citas anuais cos balnearios e a praia e encontrarse con amigos e veciños na xuntanza que todos os anos organizamos na área recreativa da Magdalena.

Para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e que poidan seguir residindo no Pino, contaremos axiña cun centro de día e unha residencia. Dous edificios que se van construír en sendas parcelas municipais na capital do concello, moi preto doutros servizos públicos esenciais para manter unha boa calidade de vida. Para que sexan realidade o antes posible, xa temos reservada unha partida económica específica nos presupostos municipais de 2023.

Todas estas actuacións e iniciativas, xunto a outras moitas, complementámolas cun ambicioso plan de investimentos en infraestruturas viarias distribuídas por todas as parroquias do concello. Consecuencia da boa xestión económica dos últimos anos, agora puidemos destinar tres millóns de euros para garantir a seguridade viaria e os desprazamentos de peóns e condutores dentro do noso termo municipal. Estes investimentos, realizados con fondos propios, complementan as grandes infraestruturas, como a que vai acometer a Xunta na depuradora de Arca, que axudan a facernos a vida un pouco máis fácil a cada un de nós e, ao mesmo tempo, contribúen a facer do Pino un municipio atractivo para visitar e para vivir nel.

Bo Nadal e venturoso Aninovo para todas e todos vós.

Manuel Taboada Vigo
Alcalde de O Pino

 

Descarga o PDF deste número de FAÍSCA
FAÍSCA [nº14/2022]
Publish PDF flipbooks online Created using FlowPaper Flipbook Maker ↗
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As familias xa poden proceder ao pagamento do Lecer Nadal logo de admitirse todas as solicitudes
O Pino merca unha parcela diante do centro de saúde e da casa da cultura para o centro de día »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego