Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

FAÍSCA [nº12/2020]

Faísca. Revista de información municipal

27/12/2020
27 Dec

Pensa na túa xente, mira o futuro con esperanza

Veciñas e veciños:

Bo Nadal. Quero comezar estas liñas desexándovos a todas e a todos unhas boas festas, que teremos que celebrar dun xeito diferente a como o faciamos ata o de agora, porque ese virus que tanto sufrimento espalla por todo o mundo obrigounos a cambiar o noso modo de vida dun xeito inesperado. Quero transmitirlles un recordo moi especial a todas aquelas familias que perderon algún ser querido durante a pandemia. E amosarvos o convencemento persoal de que poderemos saír desta situación se somos quen de actuar con sentidiño, respectando as recomendacións das autoridades sanitarias e axudando a quen temos máis preto. Temos que coidar das persoas maiores, trasladarlle esperanza á xente nova e mercar no comercio local. Porque os autónomos e empresarios que están ao noso carón tamén están sempre dispostos a botarnos unha man cando o precisamos.

Este ano difícil que agora remata serviu tamén para constatar a enorme solidariedade que hai entre a veciñanza do Pino. Sempre disposta a arrimar o ombreiro e a colaborar coas persoas que o están pasando mal nestes momentos. Puidémolo comprobar durante o confinamento, coa doazón e o reparto de alimentos, unha solidariedade dirixida ás persoas máis vulnerables e que dende o Concello queremos canalizar agora a través do Nadal Benéfico.

Ao igual que moitas familias, no Concello tamén tivemos que adaptarnos ás novas circunstancias. Quero enviarlles un agradecemento especial aos homes e mulleres do cadro de persoal municipal que estiveron sempre dispostos a traballar e poñer en marcha iniciativas para axudar a toda a veciñanza. Así o demostraron durante o confinamento, coas tarefas de limpeza e desinfección polos espazos públicos máis concorridos. Tamén co reparto de copias das tarefas escolares entre aquelas familias que non dispoñen dos medios técnicos máis axeitados. Ou interesándose e contactando coas persoas maiores, enfermas ou con escasos recursos, para tentar cubrir as súas necesidades básicas. Sen esquecernos de que propuxeron actividades culturais e deportivas para mantérmonos activos.

Neste cambio acelerado ao que todas e todos nos vimos obrigados, dende o Concello fomos quen de darlle a volta aos orzamentos para destinar partidas importantes a axudar ás familias, persoas autónomas e pequenas empresas do municipio. Repartimos máscaras, xel e equipos de protección entre toda a veciñanza, e tamén entre os establecementos comerciais que estaban abertos ou foron abrindo a medida que as autoridades llelo permitían. Destinamos cen mil euros para axudar a autónomos e pequenos empresarios a pagar alugueiros e cotas da seguridade social, e tamén para colaborar coa hostalaría local, que o está a pasar especialmente mal debido ás restricións derivadas da pandemia e a práctica desaparición de peregrinos no Camiño de Santiago.

Editamos un vídeo para destacar o importante labor do comercio local, porque, como dicía ao principio, é o momento de pensar na nosa xente, naqueles que temos máis preto. Situacións complicadas como a que nos está tocando vivir poderemos superalas máis axiña se somos quen de traballar unidos, todos xuntos. Como facemos a diario.

Transmítennos exemplos a cotío as persoas maiores, como Manuela, Mercedes ou Ramona, que fixeron cen anos e pasaron por situacións moi complicadas. No Pino temos motivos para estar orgullosos e esperanzados. Empresarios que seguen xerando emprego, pianistas que nos fan gozar coa súa música, deportistas que superan metas nas súas competicións. Contamos con persoas ás que admirar e tamén paisaxes das que presumir e que nos serven para reencontrarnos coa natureza, con nós mesmos e para evadirnos da pandemia.

Vivamos estas datas e afrontemos o futuro con esperanza. Estamos no camiño.

Bo Nadal e ventureiro 2021.

Manuel Taboada Vigo
Alcalde de O Pino

 

Descarga o PDF deste número de FAÍSCA
FAÍSCA [nº12/2020]
Publish PDF flipbooks online Created using FlowPaper Flipbook Maker ↗
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino organiza o Lecer Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos durante as vacacións
O Pino aprobou hoxe o presuposto para 2021, que ascende a 4 millóns de euros »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego