Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

FAÍSCA [nº09/2017]

Faísca. Revista de información municipal

27/12/2017
27 Dec

Facer do concello un lugar mellor para vivir

Veciñas e veciños:

Convencidos da necesidade de mellorar e innovar cada día para prestar un mellor servizo público, durante o ano que está a piques de rematar O Pino seguiu sendo pioneiro nalgunhas das iniciativas que o Concello puxo en marcha. A nosa fialidade é mellorar a calidade de vida de cada unha das personas que vivimos aquí. Nesta renovada edición da revista Faísca que tes nas túas mans queremos ofrecerche un resumo de todo o queremos dende o Concello para acadar ese obxectivo, mantendo así o noso compromiso de transparencia dende a xestión municipal.

O Camiño de Santiago segue a ser unha das principais fontes de riqueza do noso municipio. Supón unha excelente ferramenta para promocionar os produtos máis característicos do Pino. Algúns de gran prestixio, como o galo e a galiña piñeira, contan agora cunha obra de arte que nos axuda a estar presentes en moitos países grazas aos retratos dos milleiros de peregrinos que nos visitan cada ano.

A nova senda peonil dende a Tarroeira ata Lardeiros completa unha rede de camiños para practicar o sendeirismo e manter hábitos de vida saudables, á vez que promocionamos fermosas paraxes. Facilitamos a mobilidade da veciñanza cun forte investimento para adecentar as vías de comunicación interiores. Favorecemos ao alumnado do colexio público, que recibe clases de educación física nun pavillón que xa ten calefacción.

Seguimos apoiando decididamente o deporte de base, tanto dende as Escolas Deportivas Municipais como dende a organización ou patrocinio de eventos que nos significan como un concello proactivo. Fomos pioneiros en organizar o primeiro campionato galego de milla nocturna en Galicia, e tamén unha media maratón polo Camiño de Santiago que foi eloxiada por atletas participantes e peregrinos que os acompañaban na ruta.

As actividades culturais, de benestar social ou conciliación que promovemos dende o Concello teñen unha gran demanda. Cada día son máis as veciñas e veciños que participan activamente en iniciativas como o Inglés Lúdico, o Camiña e Descubre, a Escola de Verán, Vai de Auga ou Vai de Praia, por citar só algúns dos programas que temos en marcha e que resumimos nestas páxinas. Sen esquecernos da posta en valor da nosa cultura tradicional, coa axuda de todos os grupos folclóricos, coros e asociacións do concello. Grazas a todas e todos vós por axudarnos a facer do noso municipio un lugar mellor para vivir.

Grazas tamén ás traballadoras e traballadores do Concello pola súa dedicación. Dende a Corporación estamos convencidos de que traballando xuntos chegaremos máis lonxe.

Feliz Nadal e venturoso ano 2018.

Descarga o PDF deste número de FAÍSCA
FAÍSCA [nº09/2017]
Publish PDF flipbooks online Created using FlowPaper Flipbook Maker ↗
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Rede cultural da Deputación 2018 – Apertura do prazo de inscrición
Concurso de disfraces Entroido 2018 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego