Segundo o dicionario da Real Academia Galega, a faísca é a folia do pineiro. Tendo O Pino como nome deste concello, non podiamas senón honrar esa denominación e escoller o termo faísca para bautizar esta publicación. É unha revista que ten carácter trimestral e que pretende achegar a información municipal a tódolos vecinos deste concello. Deste xeito queremos que todos vostedes saiban cómo xestionamos os recursos, cales son as nosas previsións de traballo, transmitirémoslles datas de utilidade, servizos ... etc.
E, por suposto, non se trata dunha publicación pechada e férrea, senón dun instrumento que está feito para todos vostedes, aberto a suxerencias e ideas, a colaboracións ... etc. Xa que logo, gustaríanos que calquera interesado e aportar algo a esta revista, o faga. Os datas compleméntanse cos que temos na páxina web do concello, que tamén se vai actualizando en función das novas e dos cambias que se producen día a día na vida municipal. Xa saben que a poden consultar na dirección www.concellodeopino.com
O Pino é un municipio grande, de 132 quilómetros cadrados. Temos unha poboación relativamente dispersa. E por iso consideramos que esta publicación, que recibirán todos nas súas casas, pode ser o instrumento perfecto para cumprir varias obxectivos: mantelos informados, divulgar as nosas actividades, darlles datas de utilidade, etc. Iremos incluíndo todo aquilo que consideremos de interese, e- reitero-, contamos con vostedes para que se convirta en todo un referente dentro do concello.
Acabamos de iniciar unha nova andaina política. Unha lexislatura que se nos presenta chea de proxectos e ilusións. lrémolos concretando pouco a pouco, comezando por esta Faísca. Hai moitas lias de traballo abertas, pero todas coinciden en achegar a administración, neste caso a local, ós cidadáns, ós vecinos. Vostedes, e sempre llelo repito, son os protagonistas. Nós somos simples xestores temporais, os encargados de que O Pino sexa un lugar cada vez con maior cal idade de vida.
Agardamos que este sexa o primeiro paso da longa andaina que ten que percorrer esta Faísca. Desfruten da lectura e xa saben, serán moi ben recibidas tódalas ideas que nos queiran proponer ó respecto, tanto desta publicación como en calqueira outro eido de actuación. Aproveito tamén para desexarlles un Bo Nadai e un ventureiro 2008.
Reciban un afectuoso saúdo,
Manuel Taboada Vigo