Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Exemplares de Asturias e Galicia no concurso de mellor galo Piñeiro celebrado no Pino

Novas

06/08/2018
6 Ago
Paredes, que levou o premio ao mellor galo Piñeiro, na foto con Manuel Taboada, Ovidio Rodeiro e Jesús García

 

• A tradición da festa de interese turístico e a mostra cabalar atrae a miles de veciños e visitantes
• Ovidio Rodeiro sinala no pregón que a aposta do Concello axudou a recuperar unha raza que funde as súas raíces na época celta
• O pregoeiro destaca que esta iniciativa e o Camiño ofrecen novas oportunidades de negocio á veciñanza
• Lara Paredes, de Moaña, e  Germán Neira, do Corgo, presentaron os mellores exemplares vivos de galiña e galo piñeiro. 
• Unhas 1.300 persoas asistiron ao xantar popular e esgotáronse os 400 quilos da degustación gratuíta

 

Milleiros de persoas, entre veciños, peregrinos e visitantes, desafiaron hoxe as altas temperaturas para gozar cunha das exaltacións gastronómicas de referencia en Galicia: a Festa do Galo Piñeiro,  unha iniciativa do Concello do Pino que, segundo o pregoeiro Ovidio Rodeiro, permitiu recuperar unha raza autóctona que funde as súas raíces na época celta. Uns 60 exemplares de galiñas e galos piñeiros vivos de toda Galicia e tamén de Asturias participaron no concurso que, desde que se iniciou a festa, axudou a que esta especie estea presente hoxe cada vez en máis concellos e “represente, xunto co Camiño de Santiago, unha nova oportunidade de negocio para a veciñanza”, como sinalou o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña.

Poñendo en valor a “aposta persoal do alcalde Manuel Taboada” no ano 1999, cando comezou a exaltación gastronómica do galo piñeiro, Ovidio Rodeiro recordou que hoxe a Consellería de Medio Rural conta con programas de promoción e protección das razas autóctonas en perigo de extinción, no que colaboran diferentes entidades e asociacións. “Entre todos conseguimos que non se perdan razas seculares da nosa terra en favor doutras foráneas de maior produción, e logramos que a vaca cachena, o porco celta, a galiña de Mos ou o galo Piñeiro non desaparezan das nosas granxas”, indicou Rodeiro.

Precisamente para promocionar esta especie e axudar a recuperar a raza, na Festa do Galo Piñeiro organiza todos os anos unha feira de galos e galiñas vivas e un concurso dotado con 550 euros, no que hoxe participaron 60 exemplares procedentes de diferentes concellos das provincias da Coruña, Lugo, Pontevedra e Asturias.

Os gañadores deste ano chegaron de fora do Pino. Así, na de galo piñeiro os gañadores foron Lara Paredes Álvarez, de Domaio (Moaña), que recibeu 125 euros. O segundo premio foi para O Corgo (Lugo) a mans de Miguel Neira López (75 euros), e o terceiro quedou no Pino, na granxa de Lucas Magadán Martínez, da Salceda, O Pino (30 euros).

O mesmo ocorreu na categoría de galiñas piñeiras, que estivo dotado cos memos premios en metálico. Gañou o veciño do Corgo (Lugo), Germán  Neira Arias; segundo quedou a moañesa Lara Paredes e, como terceiro repiteu Lucas Magadán.

Na categoría de galo de corral gañou Benjamín Camiño Blanco (de Negreira) e segunda quedou Carmen Álvarez Rosales, de Chapela (Redondela).

Ovidio Rodeiro recordou no seu pregón que hai lendas que vinculan aos galos e galiñas co Camiño de Santiago, que hoxe tamén conviven no Pino, última etapa do Camiño Francés a Compostela. Rodeiro recordou que o “impulso que dende a Xunta de Galicia, sobre todo a partir do Xacobeo de 1993, significou un pulo considerable para os pobos” que están na veira da ruta, como e o caso do Pino. “Un Camiño que, xunto coa boa xestión municipal, fai que hoxe O Pino sexa un concello vivo, en expansión, que atrae a novos veciños e veciñas e a novas oportunidades de negocio”, afirmou Rodeiro.

Asistentes ao xantar popular, no que se deron cita esta ano 1.300 persoas

Xantar popular e degustación

Antes do pregón, as autoridades fixeron un percorrido pola X Feira Celta e o mercado, que esta fin de semana foi visitado por numerosas persoas, e puideron participar na degustación gratuíta de galiña e galo piñeiro, que esgotou as existencias, a pesares de que se reservaron 400 quilos de produto.

Ao igual que en anos anteriores, as entradas para participar no xantar popular acabaron esgotándose. Foron máis de 1.300 as persoas que degustaron empanada, polbo e, como non, galo piñeiro con patacas un menú elaborado polo restaurante A Magdalena de Castrofeito.

Participante que gañou o primeiro premio, na categoría tronco, do concurso de enganches

Mostra Cabalar e enganche de carruaxes

E mentres uns participaban na feira celta ou na feira de galos vivos, outros admiraban os centos de cabalos e égoas que participaron nos diferentes concursos da Mostra Cabalar, que durante todo o día se disputaron nos arredores da praza de Forcarei.

Este ano, como novidade, celebrouse no Pino a quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Enganches de Carruaxes, que o propio Manuel Taboada e, Moncho Vázquez, representante da Federación Galega, aseguraron seguirá celebrándose no Pino coincidindo coa festa. Os gañadores en categoría limonera foron Diego Souto, Enrique Sierra e Emiliano González. En categoría tronco os mellores foron Carlos Otero e  Manuel Mistal; e na categoría libre Tamara Abilleira e Cristina Corder levaron os primeiros premios.

Pola tarde, o espectáculo ‘Duende Ecuestre’ congregou a centros de afeccionados.

As autoridades, diante do monumento ao Galo Piñeiro

Autoridades asistentes

Entre autoridades asistentes a esta XVIII Festa do Galo Piñeiro, ademais do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, atopábanse o alcalde de Dodro, e os tenentes de alcaldes de Frades e Touro, así como representantes da Federación Galega de Hípica.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As aves rapaces, os artesáns e o mercado, principais atractivos da Feira Celta do Pino
O programa Vai de Praia empeza no Pino con trinta persoas anotadas para viaxar a Boiro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés