O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Escola de verán

Escola de verán

Novas

18-06-2013
18 Xuñ

Aberto o prazo de inscripción da Escola de Verán 2013. 

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

BASES DA ESCOLA DE VERAN DO CONCELLO DE O PINO

 

  1. A Escola de Verán é unha proposta do Concello de O Pino a través do seu Departamento de Deportes que pretende non só ocupar o tempo de lecer dos nosos cativos, senón permitir ás familias compaxinar a vida familiar e laboral.
  2.  A Escola de Verán está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 12 anos (ambos inclusive).
  3.  O servizo desenvolverase nos meses de xullo e agosto no Centro CPI Camiño de Santiago ubicado na localidade de Arca-Pedrouzo e nos arredores do mesmo.
  4.  Poderán utilizar este servizo os nenos e nenas empadroados ou non no Concello de O Pino.

 –        As nenas e nenos empadroados no Concello de O Pino terán unha subvención do 50% do custo da actividade.

–        As familias numerosas terán a maiores un desconto dun 20% a partires do 2º fillo.

  1.  O HORARIO DO SERVIZO será de 09:00 horas a 14:00 horas,:

Iniciase o programa, distribuíndo o tempo en xogos, obradoiros, actividades deportivas, lectura,…  Desenvolverase en diferentes recintos (CPI Camiño de Santiago, Casa da Cultura, piscina, parque infantil…).

As nenas e nenos terán que ser recollidos entre as 13:30 a as 14:00 horas.

 Se poderá  solicitar o servizo de almorzo e/ou xantar, pero ditas prestacións non se levaran a cabo a menos que participen un mínimo de seis usuarios. O horario será o seguinte:

  •  De 07:30 a 09:00 h: servizo madrugadores que inclúe o almorzo no centro.

 .         De 14:00 a 15:30 h: servizo de xantar.

  1. As QUENDAS quedan distribuídas do seguinte xeito (DE LUNS A VENRES)

 –        Do 1 ao 15 de xullo de 2013

–        Do 16 ao 31 de xullo do 2013

–        Do 1 ao 15 de agosto do 2013

–        Do 16 ao 31 de agosto do 2013

 

  1. O NUMERO DE PRAZAS que se oferta é de 50 participantes por quenda. No caso de haber máis solicitudes que prazas poderase ampliar esta cifra. Para que o servizo se leve a cabo deberá haber un número mínimo de solicitudes por quenda.
  2.  FORMALIZACION DA SOLICITUDE

A petición de admisión no servizo realizarase cubrindo a ficha de inscrición e aportando a documentación que se require en dita solicitude que poderán recoller nas dependencias do Concello de O Pino sita en Arca – Pedrouzo, tf 981 511 002, en horario de 10:00 a 14:00 horas, onde se lle indicará a forma de pago.

 –          O prazo de inscrición para as quendas do mes de xullo será do 10 ó 28 de xuño do 2013.

–          O prazo de inscrición para as quendas do mes de agosto será do 10 ó 25 de xullo do 2013

–          O prazo de inscrición para o  mes de setembro será do 10 ó 25 de xullo do 2013

 

       ESCOLA DE VERAN – TARIFAS POR QUENDA (15 DIAS)

Poderase participar por quenda ou por días soltos. O custo da actividade por quendas será o seguinte:

ESCOLA DE VERAN –XULLO, AGOSTO

    (de luns a venres)

HORARIO ACTIVIDADES PREZO EMPADROADOS* PREZO POR DIA EMPADROADOS*
De 7:30 a 9:00 h Servizo madrugadores 18,00€ 4,00 €
De 9:00 a 14:00 h Actividades 28,00 € 6,00 €
De 14:00 a 15:00 h Servizo xantar 35,00 € 8,00 €

(* desconto 50% xa incluido)

1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo de 2012. Prazo de inscrición do 17 ao 28 de xuño do 2013.

2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo de 2012. Prazo de inscrición do 17 ao 28 de xuño do 2013.

3ª quenda: do 1 ao 15 de agosto do 2012. Prazo de inscrición do 1 ao 15 de xullo do 2013.

4ª quenda: do 16 ao 31 de agosto do 2012. Prazo de inscrición do 1 ao 15 de xullo do 2013.

ESCOLA DE VERAN –SETEMBRO

    (de luns a venres)

 HORARIO ACTIVIDADES PREZO EMPADROADOS* PREZO POR DIA EMPADROADOS*
De 7:30 a 9:00 h Servizo madrugadores 16,00€ 4,00 €
De 9:00 a 14:00 h Actividades 28,00 € 6,00 €
De 14:00 a 15:00 h Servizo xantar 30,00 € 8,00 €

(* desconto 50% xa incluido)

* Estes servizos levarasen a cabo se hai un mínimo de dez participantes

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Axudas ás asociacións do concello
Piscina municipal »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego