A clausura do programa contou con varias exhibicións de patinaxe, ximnasia rítmica, baile moderno, multideporte, fútbol sala, baloncesto e bádminton ||
O Concello fixo entrega de medallas a todas as nenas e nenos participantes ||
O Concello do Pino clausurou onte pola tarde as súa Escolas deportivas municipais, nas que participaron preto de 150 escolares do municipio durante o presente curso escolar. O acto de clausura tivo como escenario as instalacións do pavillón polideportivo de Reboredo, en Arca. Ao longo de case dúas horas, os integrantes das Escolas Deportivas do Pino realizaron un total de 11 actuacións e exhibicións nas diferentes modalidades deportivas que se impartiron no programa.
Entre as actuacións destacaron as de patinaxe no seus cinco niveis; una exhibición de ximnasia rítmica e outra de baile moderno. O público asistente tamén puido gozar de exhibicións de fútbol sala (nivel I e II), da práctica do baloncesto, multideporte e bádminton.
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, foi o encargado de pechar acto e de entregar, xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Vázquez, as medallas a todos os nenos e nenas participantes nas Escolas deportivas do Pino. Tamén houbo medalla para os monitores do programa.