O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

Pregoeiros e espectáculos de primeiro nivel para celebrar as vodas de prata da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino

Noticias

16/07/2026
16 Jul
  • As rapazas e os rapaces do Pino campións de Europa de fútbol gaélico as dúas últimas temporadas darán o pregón  ||  
  • A representación de ‘Quimera’ abrirá o programa o sábado 1 de agosto e a exhibición ecuestre ‘Sin Límites’, do adestrador Santí Serra Camps, pechará a celebración o domingo 2  ||   
  • A Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira, a Mostra Cabalar, Artesanía no Camiño, a concentración de coches clásicos, as demostracións de oficios e o voo de aves rapaces completan unha ampla programación de actividades para toda a familia  ||  

 

Uns pregoeiros de luxo para unha edición especial. Os rapaces e as rapazas do Pino que se proclamaron campións de Europa de fútbol gaélico nas dúas últimas temporadas darán o pregón da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar que organiza o Concello os días 1 e 2 de agosto. Será un ano moi significativo, no que esta cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia celebra as súas vodas de prata e que terá un peche tamén á altura da efeméride: o espectáculo ecuestre Sin Límites, de Santí Serra Camps.

Vinte e cinco anos despois da súa creación, a festa consolídase como un referente na promoción dos galos e galiñas de raza piñeira, do mundo ecuestre, da artesanía e das tradicións galegas, cun programa pensado para todas as idades e que combina espectáculos de primeiro nivel, gastronomía, cultura e actividades familiares.

A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar organizada polo Concello do Pino conta coa colaboración da Deputación da Coruña, e da Xunta de Galicia a través de Artesanía de Galicia, Turismo de Galicia e da Axencia Galega de Industrias Culturais.

A programación arrancará o sábado 1 de agosto ás 22.00 horas co espectáculo Quimera, da compañía Pablo Méndez Performance. Unha proposta de grande impacto visual que mestura malabares, acrobacias aéreas e maxia para transmitir unha mensaxe de sensibilización sobre a importancia de preservar os bosques e as fragas.

O domingo 2 de agosto será o día grande da celebración. Desde primeira hora abrirán a XXV Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira Vivas e a Mostra Cabalar, dous dos piares da festa. A feira avícola volverá reunir exemplares desta raza autóctona tan ligada á identidade do municipio, mentres que a mostra ecuestre contará cos mellores cabalos da comarca e manterá máis de 4.200 euros en premios, incluídos os galardóns especiais aos mellores movementos de Pura Raza Española (P.R.E.) e o Premio Especial Faísca ao mellor exemplar de P.R.E. nado e criado en Galicia.

Ao longo da mañá do domingo celebrarase tamén a VI edición de Artesanía no Camiño, con postos de artesás e de artesáns chegados de toda Galicia, demostracións de oficios tradicionais —como talla de madeira, encaixe de bolillos, torneado ou elaboración de pezas de feltro— e obradoiros participativos. Como complemento, desenvolveranse durante toda a xornada exhibicións de voo de aves rapaces e animacións de rúa, ademais  de contar cunha ampla zona infantil con xogos e espectáculos para a cativada. A programación complétase coa II Concentración de Coches Clásicos e Históricos, que volverá reunir vehículos emblemáticos e atraer afeccionados de distintos puntos da comunidade autónoma.

Ás 13.00 horas celebrarase a tradicional degustación gratuíta de galo, seguida da entrega dos premios da feira avícola. O pregón desta edición correrá a cargo das rapazas e dos rapaces do Pino campións de Europa de fútbol gaélico nas temporadas 2024-25 e 2026-26, un recoñecemento ao seu extraordinario éxito deportivo e ao exemplo que representan para a mocidade do municipio. Posteriormente terá lugar o tradicional xantar popular baixo a carpa instalada xunto á praza de Forcarei, para a que se poden retirar as entradas nos establecementos hostaleiros do municipio.

Pola tarde retomaranse as probas da Mostra Cabalar, coa carreira de trotóns, a exhibición de enganche, a proba de arrastre e a entrega dos premios aos mellores exemplares. Como broche de ouro ás vodas de prata da festa, ás 20.30 horas presentarase Sin Límites, o espectáculo do prestixioso adestrador Santí Serra Camps, coñecido internacionalmente como o susurrador de cabalos. A súa doma en liberdade, baseada na confianza e na conexión cos animais, promete converterse nun dos momentos máis emotivos e espectaculares desta edición.

O Concello do Pino anima a veciñanza e as persoas visitantes a participar nesta edición tan especial da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar. Unha celebración que, vinte e cinco anos despois do seu nacemento, continúa medrando sen perder a súa esencia: poñer en valor o patrimonio rural, a gastronomía, a cultura e a hospitalidade que distinguen o municipio.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino rende homenaxe na Xuntanza dos Maiores a Ramón Iglesias, a Isabel Sánchez, a Sara Purificación Martínez e a Mercedes Vázquez
O Concello do Pino entregará as distincións aos mellores deportistas o xoves 30 de xullo »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés