O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Ábrese o prazo para que persoas autónomas e pequenas empresas soliciten as axudas do PEL 2021

Ábrese o prazo para que persoas autónomas e pequenas empresas soliciten as axudas do PEL 2021

Novas

10-03-2021
10 Mar
  • As achegas están dirixidas á creación de novos negocios, á ampliación e ao mantemento do persoal e a cubrir as cotas da seguridade social das persoas autónomas

  • As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Deputación da Coruña dende mañá ata o 15 de abril

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia unha nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2021) dirixidas a pequenas empresas e persoas autónomas xa en activo coa fin de contribuír a fortalecer e consolidar o tecido empresarial dos municipios coruñeses.

As axudas, dotadas cun total de 4.260.000, desenvólvense a través de catro liñas diferentes: apoio á creación de novas empresas (2.260.000 euros), pagamento de cotas da seguridade social para persoas autónomas nos periodos nos que non reciben axudas doutras administracións (500.000 euros); a ampliación de persoal (1.000.000); e o mantemento dos empregados (500.000) en microempresas, pequenas e medianas empresas.

O prazo para facer as solicitudes comprende dende o 11 de marzo ata as 14:00 horas do 15 de abril. Tanto as solicitudes como toda a tramitación relacionada con esta convocatoria presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica da Deputación da Coruña. O importe das subvencións concedidas oscilará entre un mínimo de 2.400 e un máximo de 17.500 euros.

A convocatoria publicada hoxe no BOP pode consultarse premendo aquí.

As bases, publicadas no BOP o 25 de febreiro, poden consultarse premendo nesta ligazón.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Convócanse as probas para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3
O Concello do Pino facilita a imaxe que deberán publicitar as empresas beneficiarias do PEL Reactiva »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español