O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / Once atletas do Pino lograron praza para o intercomarcal escolar de campo a través

Once atletas do Pino lograron praza para o intercomarcal escolar de campo a través

Novas

03-12-2019
3 Dic

Esta mañá celebrouse na área recreativa da Magdalena, en Castrofeito, a fase comarcal do Campionato escolar de campo a través, que superou todos os rexistros anteriores ao reunir a 1.150 nenos e nenas  nas categorías de benxamín ata cadete. Deles, 11 dos preto de 70 atletas do CPI Camiño de Santiago do Pino conseguiron clasificarse para a fase intercomarcal, que se vai disputar no parque Eugenio Granell de Santiago o 18 de xaneiro do ano que ven. A proba estivo organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte,  a través do programa Xogade, en colaboración coa Fundación Deporte Galego e a Federación Galega de Atletismo.

Ana Mecías Rey e Pablo Sánchez Mella foron os gañadores da categoría benxamín, mentres que Fernando Franco García quedou segundo en cadetes. Foron os tres mellores clasificados entre os representantes do Pino, que conseguiron outras oito prazas máis para participar en Santiago no mes de xaneiro.

Nesta fase comarcal, clasificábanse os catro mellores equipos e os oito primeiros corredores en cada unha das categorías, benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculino como feminino.

Das probas celebradas ata o momento, a de hoxe foi a máis numerosas das organizadas no municipio do Pino, con 1.150 nenos inscritos de diferentes colexios da comarca, que chegaron en máis de 25 autobuses ata a área recreativa da Magdalena.

Album de fotos no Facebook do Concello de O Pino (neste enlace)

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Ana Rosa Lista regala ao Pino o cadro de Luis Seoane ‘O gaiteiro de Arca’ feito de encaixe
Alumnado de 6º de Primaria pode participar no sorteo para ser paxe na Cabalgata de Reis »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés