O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O XXIII Concurso de Postais de Nadal volve amosar a creatividade do alumnado do Pino

Cultura· Noticias

16/12/2025
16 Dic

A obra de Uxía Souto Martínez, alumna de 6º de Primaria, foi seleccionada como felicitación institucional do Concello || O certame contou coa participación do alumnado do CPI Camiño de Santiago en distintas etapas educativas, desde Infantil ata Secundaria || O xurado valorou a creatividade, a representación do concello e o coidado na elaboración das postais presentadas

Felicitación institucional. Gañadoras do Concurso de Postais

O Concello do Pino vén de resolver o XXIII Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa xa consolidada que cada ano promove a creatividade e a participación do alumnado do municipio arredor destas datas tan sinaladas. O certame contou coa implicación do CPI Camiño de Santiago e coa valoración dun xurado formado por Ana Vigo Castromil, animadora sociocultural; David Castiñeiras Becerra, animador deportivo; e Mª Cruz Toande Ramos, educadora familiar.

A postal seleccionada como felicitación institucional do Concello, que se enviará aos domicilios, foi a realizada por Uxía Souto Martínez, alumna de 6º de Educación Primaria. O xurado destacou a detallada representación da Casa do Concello e dos elementos que a rodean, así como o coidado e a pulcritude do debuxo. A escena inclúe a figura do Grinch roubando o galo piñeiro, un dos símbolos máis recoñecibles do Pino, ao que o concello dedica a súa festa máis importante e que conta cunha estatua situada diante da casa consistorial, un detalle que achega un toque lúdico e identitario á postal.

No resto das categorías, o premio en Educación Infantil foi para a aula de 5º de Infantil do CPI Camiño de Santiago, cun traballo no que se valorou o colorido, a luz e a capacidade para representar o concello. No primeiro ciclo de Educación Primaria resultou gañadora Noa Caneda Pereiro, alumna de 2º curso, pola orixinalidade da proposta e pola sensación de tenrura que transmite.

No segundo ciclo de Primaria o premio recaeu en Lara Rodeiro Barreiro, de 4º curso, nunha postal que fai referencia ás distintas parroquias do municipio e integra os elementos gráficos nunha única composición. No terceiro ciclo de Primaria recoñeceuse o traballo de Uxía Souto Martínez, mentres que na categoría de Educación Secundaria o premio foi para Carla Suárez Furelos, alumna de 2º da ESO.

As postais premiadas ofrecen unha visión do Nadal vencellada ao territorio, á identidade local e ao propio Concello do Pino. Os premios, consistentes en libros e material educativo, entregaranse o día da Cabalgata de Reis, o vindeiro 5 de xaneiro, no pavillón de Reboredo.

Gañadoras do Concurso de PostaisNada

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« A Deputación financia os Servizos Sociais municipais cunha achega de 66.992 euros en 2025
O Pino cédelle á Consellería unha parcela en Arca para construír ata 9 vivendas protexidas »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés