O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O xulgado ratifica a validez do pleno do POS de decembro de 2019 e imponlle o pago de costas ao PSdeG

Noticias

12/03/2021
12 Mar
  • A sentenza 27/2021 asegura que os concelleiros socialistas tiñan coñecemento da convocatoria e que mandaron correos e wasaps pedindo o cambio de data ||  

  • Óscar Vilar Chento e as dúas concelleiras deberán pagar ata 400 euros polas costas do xuízo ||  

  • O pleno do 18-12-2019 do Concello coincidía cunha sesión do Parlamento de Galicia e Vilar asistiu como deputado || 

  • O xulgado asegura que non houbo vulneración de dereitos fundamentais ||  

  • Na sesión aprobáranse os orzamentos de 2020 e as obras do Plan único da Deputación ||   

A esquerda, as cadeiras valeiras dos tres concelleiros socialistas que non asistiran ao pleno do 18-12-2021, sesión que agora o xulgado ratifica como válida

 

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 da Coruña vén de darlle a razón ao Concello do Pino ao considerar válidos os acordos adoptados no pleno do 18 de decembro de 2019, no que se aprobaron os orzamentos do ano seguinte e as obras do POS. O xulgado desestima o recurso presentado polos concelleiros socialistas Óscar Vilar Chento, Noris Núñez e Inka Lareo, ao considerar que non se vulneraron dereitos fundamentais, e imponlles o pago de costas, limitando ás mesmas a un máximo de 400 euros en concepto de presentación e defensa.

Na súa sentenza, o xulgado rexeita os argumentos dos concelleiros socialistas ao asegurar que “os demandantes tiñan perfecto e acabado coñecemento da convocatoria do pleno”  de decembro de 2019. Asegura que incluso enviaron wasaps e fixeron chamadas ao Concello coa “intención de que se cambiara a data do pleno” e presentaron un escrito con esta intención o 14 de decembro. A sentenza asegura que a convocatoria do pleno por “correo electrónico acadou a súa finalidade e non parece vicio invalidante algún”.

No argumento xurídico quinto da sentenza faise constar que o Concello do Pino xa viña convocando os plenos por correo electrónico con anterioridade “a toma de posesión” dos actuais concelleiros, e tamén durante a presente lexislatura. Unha decisión “acordada por todos os concelleiros”, segundo unha das testemuñas á que fai referencia a sentenza.

O 13 de decembro remitíronselles dous correos electrónicos aos concelleiros socialistas e, engade o fallo do xulgado, incluso Óscar Vilar Chento, como portavoz do PSdeG manifestou por wasap e correos electrónicos a súa disconformidade coa data de celebración da sesión do Concello, “por coincidir cun Pleno no Parlamento de Galicia”, ao que quería asistir por ser nesas datas parlamentario autonómico.

A sentencia incide, ademais, en que “os demandantes, en data 14 de decembro de 2019, presentaron un escrito no Concello, manifestando que a convocatoria” do pleno “non estaba realizada conforme á normativa vixente”.

Segundo recolle literalmente a sentenza, os concelleiros socialistas “menos aínda poden acollerse, como ben razoa nas súas conclusión o Ministerio Fiscal, á vulneración do dereito de participación e presentación por privárselles do coñecemento da convocatoria dun pleno impedíndolles participar no mesmo. Os demandantes, insistimos, vista a proba practicada, coñecían a data do mesmo, o 18 de decembro de 2019”, recolle a sentencia. “E o que existía era un desacordo sobre a data, pretendendo agora impugnar, combatendo unha comunicación por un medio válido en dereito, tanto os acordos adoptados en dito Pleno, ao que voluntaria e libremente decidiron non asistir, como denunciar a vulneración dun dereito fundamental; vulneración, polo dito, inexistente”, asegura a sentenza antes de desestimar a demanda socialistas e impoñerlle as costas.

Nun pleno extraordinario posterior, celebrado o 28 de xaneiro de 2020, desestimáronse as alegacións do PsdeG aos orzamentos, cos votos a favor do PP e do BNG. Nese pleno, os tres concelleiros socialistas optaron pola abstención (e non votaron a favor da súa propia impugnación) tras escoitar un ditame da secretaría do Concello. O informe da Secretaría do Concello e do asesor xurídico municipal propoñían desestimar a proposta dos socialistas por non axustarse á legalidade vixente e advertía da posible prevaricación dos concelleiros que votasen a favor da mesma.

O fallo do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 da Coruña vén agora darlle a razón ao Concello e ao equipo de goberno. Esta sentenza pódese recorrer en apelación diante do propio xulgado, nun prazo de 15 días, mediante escrito razoado que deberá de conter as alegacións en que se fundamente o recurso.

 

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Apróbanse as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro e asociacións de labregos, forestais e de cazadores
As empresas beneficiadas co PEL Reactiva teñen ata o 31 de marzo para xustificar os gastos no Concello »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés