O concello de O Pino continúa a promover o programa ‘Vai de praia’ ante o éxito do mes de xullo. Desta forma, todos os martes e sábados do mes de agosto haberá viaxes a diferentes areais galegos. Tres serán os mesmos do mes de xullo: a praia de Boiro, San Francisco (Muros) e a de Miño; e o areal de Canelas (Sanxenxo) é a gran novidade deste mes, en detrimento da de Montalvo, no mesmo concello.
Para que os participantes no “Vai de praia” poidan gozar do día, o autobús sairá ás 10.00, percorrendo as diferentes parroquias segundo as persoas que se inscriban e voltará ás 20.00 horas. As xornadas do mes de xullo son as seguintes:
- Días 3 e 13: praia de San Francisco (Muros)
- Días 6, 24 e 31: praia de Boiro
- Días 10 e 20: praia de Miño
- Días 17 e 27: praia de Canelas (Sanxenxo)
As prazas son limitadas, por iso é necesario inscribirse polo menos catro días antes de cada viaxe. En canto aos prezos e criterios de elección das actividades, os empadroados terán preferencia en ambos sensos, custándolle cada día 10€, aínda que se compran un bono de catro ou máis viaxes cada unha custaralle 8€. Para os non empadroados no Pino, o prezo normal é de 12€, mentres que os bonos para máis de catro viaxes será de 10€ por día.
As inscricións ou a consulta de máis información pódese realizar tanto presencialmente na biblioteca municipal ou na Casa da Cultura, como por teléfono no número 981 511 065.