O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O Pino suspende a Tarde de Nadal prevista para mañá debido a alerta vermella polo mal tempo

O Pino suspende a Tarde de Nadal prevista para mañá debido a alerta vermella polo mal tempo

Novas

20-12-2019
20 Dic

O Concello de O Pino decidiu pospoñer a ‘Tarde de Nadal’ e todas as actividades programadas para mañá pola tarde debido a alerta meteorolóxica decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta. Estas actividades celebraranse en vindeiras datas. Dende o Concello reitéranlle á cidadanía a necesidade de extremar as precaucións e adoptar as debidas medidas de seguridade.

A axencia Estatal de Meteoroloxía informou dun fenómeno meteorolóxico adverso laranxa para hoxe, venres por fortes ventes de ata 110 km/h. Unha alerta que pasará a nivel vermello dende primeiras horas da tarde de mañá, sábado, por refachos de vento de ata 1140 km/h.

Dende o Concello de O Pino préganlle á cidadanía que extreme as medidas de seguridade retirando obxectos que poidan caer á rúa dende tellados, balcóns e fiestras; asegurar portas e fiestras; e vixiar a posible caída de obxectos; ou evitar pasar preto de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que poida derrubar o vento.

Para mañá, sábado, a Concellaría de Cultura tiña programada a Tarde de Nadal a partir das 17.00 horas, con xogos para nenos e nenas no polideportivo de Reboredo, que remataría cunha chocolatada e un espectáculo para público familiar na casa de Cultura. Tamén estaba previsto celebrar unha Quedada tecedora ás 17.00 horas na casa da Cultura. Estas actividades adíanse para unha data que se comunicará con antelación suficiente.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Papá Noel recibe os escolares mañá xoves nun salón instalado na Casa da Cultura
O Pino felicita o Nadal cun vídeo no que é protagonista o alumnado máis novo do concello »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés