O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O Pino reparte 2.000 máscaras infantís entregándolle catro a cada neno e nena de 4 a 14 anos

O Pino reparte 2.000 máscaras infantís entregándolle catro a cada neno e nena de 4 a 14 anos

Novas

23-05-2020
23 May

O Concello de O Pino xa recibiu as 2.000 máscaras infantís que mercou para repartir entre os nenos e  nenas de 4 a 14 anos do municipio.

O material chegou onte ao concello e durante a fin de semana vanse repartir entre a rapazada das trece parroquias, entregándolle 4 máscaras a cada menor.

Con esta iniciativa, o Concello completa a entrega de material de protección á toda a veciñanza, despois de repartir 10.000 máscaras entre as persoas maiores de 14 anos empadroadas no municipio.

Para colaborar co comercio local, o Concello tamén lle vai entregar dispensadores de xel hidroalcohólico a cada establecemento que estea aberto ao público ou vaia abrindo nos vindeiros días. Con estes dispensadores, de 2 litros de capacidade, o goberno local quere colaborar cos comerciantes do municipio, para que lle ofrezan medidas de desinfección de mans aos seus clientes.

Tamén se van colocar dispensadores de xel hidroalcohólico na vía publica, nos lugares máis transitados, que se accionan cun pedal, para facilitar a desinfección de mans á veciñanza.

Estes dispensadores xa foron mercados polo Concello, que está a espera de que os subministren os provedores para instalalos nas rúas e entregarllos aos comerciantes.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« As listas do censo electoral poderán consultarse no Concello, por teléfono ou por internet entre o 25 de maio e o 1 de xuño
O Pino reabriu a biblioteca municipal cun protocolo de actuación fronte á covid-19 »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Español
  • Gallego
  • Inglés