O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino rende homenaxe na Xuntanza dos Maiores a Ramón Iglesias, a Isabel Sánchez, a Sara Purificación Martínez e a Mercedes Vázquez

Noticias

13/07/2026
13 Jul
  • Unhas 900 persoas participaron nesta XXVIII edición e aplaudiron as catro homenaxeadas polo Concello, de entre 93 e 96 anos  ||  

  • A Banda de Música de Arca, o xantar de confraternidade e o espectáculo Xuntos pola Música, de tributo a Juan Pardo, completaron a programación da multitudinaria xornada  ||  

Pola esquerda Sara Purificación Martínez, Mercedes Vázquez e Ramón Iglesias, co alcalde, concelleiro do goberno e a traballadora social (2ª pola esquerda)

Arredor de 900 persoas participaron este sábado na XXVIII Xuntanza dos Nosos Maiores, organizada polo Concello do Pino na área recreativa da Madalena. A celebración, dirixida á veciñanza maior de 60 anos do municipio, serviu un ano máis para favorecer o reencontro e a convivencia, rendendo homenaxe como xa é tradición a varias persoas do concello pola súa traxectoria e contribución á vida da comunidade.

Nesta edición, os protagonistas foron Ramón Iglesias Fernández, de Arca, que fixo 96 anos o pasado 4 de maio; Sara Purificación Martínez Salvado, que fixo 93 anos en Cebreiro o 16 de marzo, e Mercedes Vázquez Dubra, de Medín, que tamén naceu en 1933, no seu caso o 21 de abril. As tres persoas recibiron unha placa conmemorativa da man do alcalde, Manuel Taboada, e de concelleiros do equipo de goberno, e tamén o aplauso das centos de persoas asistentes ao emotivo encontro. A cuarta homenaxeda, Isabel Sánchez Présaras, que celebrou en San Mamede os 93 o 18 de xuño, non puido asistir á festa, recollendo a placa e o ramo de flores uns familiares no seu nome.

O alcalde destacou a importancia dunha celebración que “nos permite xuntarnos e recoñecer todo o que as persoas maiores fixestes e seguides facendo polo noso concello”. “Vós sodes unha parte fundamental da historia do Pino e temos moito que agradecervos polo voso traballo e por todo o que nos transmitistes ás xeracións que viñemos detrás”, sinalou.

Taboada felicitou de maneira especial as catro persoas homenaxeadas nesta edición e agradeceu a participación da veciñanza nunha convocatoria que volveu reunir centos de persoas, consolidándose como unha das citas máis multitudinarias do municipio.

“Chegar á edición número 28 con preto de 900 asistentes demostra o cariño que a veciñanza lle ten a esta xuntanza. É un día para reencontrarnos e desfrutar xuntos, pero tamén para lembrar que debemos seguir coidando e poñendo en valor as persoas maiores durante todo o ano”, afirmou o alcalde.

Da Banda de Música de Arca ao espectáculo tributo a Juan Pardo

A programación comezou co concerto da Banda de Música de Arca, dirixida por Andrés Pérez, seguido da misa celebrada como é habitual na carballeira da Madalena. Tras o acto de homenaxe, os asistentes compartiron o tradicional xantar de confraternidade.

O menú, elaborado por Casa Taboada, estivo composto por empanada, troitas, polbo e carne ao caldeiro, co que os asistentes puideron repoñer forzas antes dunha animada sobremesa na que non faltaron as conversas, as partidas ás cartas e o baile.

A sobremesa estivo amenizada polo espectáculo Xuntos pola Música, unha proposta musical que rende tributo á figura de Juan Pardo. Sobre o escenario, Antonio Barros, Lys Pardo, iAlma e Fernando Calderón, interpretaron algunhas das cancións máis coñecidas do compositor e cantante galego.

A participación de Lys Pardo, filla do artista, achegou un compoñente especialmente emotivo a unha actuación que convidou as persoas maiores do Pino a revivir o repertorio dun dos nomes máis destacados e queridos da nosa música.

Ao rematar, o dúo Eva e Camilo continuaron animando á festa, que volveu coincidir coa celebración do San Cristovo, que xuntou na área recreativa da Madalena a moitos camioneiros do Pino e arredores.

Album de fotos na páxina oficial de Facebook do Concello do Pino (preme aquí).

Xuntos pola Música. Tributo a Juan Pardo. Lys Pardo, Antonio Barros e Ialma protagonizaron un concerto moi seguido polo público

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Concello do Pino abre a venda de entradas para o xantar popular da XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar
Pregoeiros e espectáculos de primeiro nivel para celebrar as vodas de prata da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés