O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino remata cunha foto de familia diante da Catedral a última etapa do Camiño Miñoto Ribeiro

Noticias

18/11/2024
18 Nov

Ramón Seijo e Erundina Bra, con máis de 80 anos, e Idaida Flores, de 10, entre o grupo de 50 persoas que completou esta ruta  ||  

A concelleira Eva Varela resalta os lazos de amizade e compañeirismo que establece o programa Camiña e Descubre  ||  

O Concello prepara a vindeira edición polo Camiño Ingles  ||  

 

Camiña e Descubre. Última etapa do Camiño Miñoto Ribeiro, coa chegada á Praza do Obradoiro o 16 de novembro de 2024

 

Cunha foto diante da Catedral dos asistentes á ultima etapa, o Concello do Pino poñía o colofón á sétima edición do programa Camiña e Descubre. Na praza do Obradoiro, despois de asistir á misa do Peregrino, un grupo de cincuenta persoas remataba a novena e última etapa do Camiño Miñoto Ribeiro, ruta que comezaron a percorrer en Cevide (Portugal) o 23 de outubro de 2023. Para rematar a xornada, e despois da foto de familia, as persoas asistentes compartiron unhas racións de polbo e unha longa sobremesa antes de volver para a casa.

Ramón Seijo, veciño de San Breixo de Ferreiros, e Erundina Bra, que vive en Curtis, foron dous dos protagonistas desta edición de Camiña e Descubre. Con máis de 80 anos, son un exemplo de fortaleza e demostraron o seu bo estado de forma durante todo esta ruta. Aínda que Monchiño Seijo non puido participar na sétima e oitava etapas por motivos de saúde, si puido completar este sábado o último tramo xunto ás súas amizades.

Moi orgullosa tamén rematou o Camiño Miñoto Ribeiro Carmen Santos Fernández, de Arca, que chegou á praza do Obradoiro acompañada da súa neta Idaida Flores, de tan so 10 anos e a máis nova do grupo.

“O máis importante para min e que o Camiña e Descubre é algo máis que camiñar. É compañeirismo, é amizade, é unión e convivencia”, resalta a concelleira de Cultura do Pino. Eva Varela lembra que moitas das persoas que o sábado chegaron á praza do Obradoiro participaron en todas as edicións deste programa, que atrae a persoas de todas as parroquias do Pino e tamén de municipios limítrofes como Arzúa, Frades, Curtis ou Santiago.

Eva Varela agradece as atencións “que nos prestaron os representantes de todos os concellos polos que pasamos facendo esta ruta e, dun xeito especial, á Asociación de Amigos do Camiño Miñoto Ribeiro”.

Dende o Concello do Pino xa están a preparar a vindeira edición de Camiña e Descubre, que nesta oitava edición percorrerá o Camiño Inglés.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino abre ata o 2 de decembro o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio
O Concello do Pino anima a veciñanza a participa no I Concurso de Decoración do Nadal »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés