O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino promociona o comercio local cun vídeo no que son protagonistas os autónomos locais

Noticias

05/06/2020
5 Xuñ
  • Os comerciantes recordan que “apoiando o produto local sairemos todos xuntos e máis fortes” desta pandemia

  • “O mellor remedio e a solidariedade e o sentidiño”

  • “É o momento de pensar na xente que tes máis preto”

Concello de O Pino acaba de editar un vídeo para promocionar o comercio local, no que os propios empresarios, comerciantes, hostaleiros, agricultores e veciñanza relatan a importancia de apostar polo produto de proximidade e de confianza nun momento no que toca sumar forzas para “saír desta situación e pensar na xente que temos máis preto”.

A pandemia da covid-19 mudou todo de repente. O Camiño de Santiago quedou sen peregrinos. Moitos comercios tiveron que pechar durante o estado de alarma, e outros seguiron abertos para subministrar produtos esenciais á veciñanza. Agora que estamos volvendo a unha nova normalidade toca “poñer os pés na terra” para valorar o realmente importante, “coidar a quen queres, coidar onde vives e coidar o que comes”, deixándose arroupar e aconsellar por quen mellor nos coñece, os comerciantes e empresariado local.

Durante os case catro minutos que dura o audiovisual, o Concello quere resaltar, dándolle voz aos autónomos e emprendedores, que nestes intres de incerteza é o momento de apoiar ao noso comercio, a quen temos máis preto: “aos nosos labregos, aos nosos gandeiros, á nosa xente”. Como din os propios comerciantes do Pino no vídeo “estivemos ás duras e ás madura, sempre aí para que non nos falte de nada”.

 

Empresarios e comerciantes do Pino recordarnos que a saúde empeza na cesta da compra e que “apoiando o produto local sementamos un futuro” que afrontaremos máis fortes se estamos unidos. “O mellor remedio é a solidariedade e o sentidiño” para saír dunha situación difícil, como xa superamos outras no pasado.

Tamén para os nenos a saúde é o máis importante, pero recórdannos que “agora máis que nunca é importante coidar o concello” para que todos xuntos ser quen de seguir avanzando, recuperar as nosas vidas, e tamén a do Camiño de Santiago, que durante estes meses quedou baleiro de peregrinos. “Paso a paso, botándonos todos unha man”, O Pino volverá recuperar o seu latexo, di unha das protagonistas.

O alcalde, Manuel Taboada, pídelle á veciñanza que aposte polo comercio local. “Xuntos superaremos esta nova etapa do Camiño”, pero recorda que hai que facelo “con sentidiño” para non desandar o xa avanzado. “É tempo de pensar na xente do Pino, na que temos máis preto”, asegura o alcalde, que lle agradece á veciñanza todo o apoio que prestou e as aportacións que fixo durante o confinamento.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino reabriu a biblioteca municipal cun protocolo de actuación fronte á covid-19
O Pino promociona o comercio local cun vídeo no que son protagonistas os autónomos locais »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Español
  • Inglés