O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio /Novas / O Pino pídelle a Fomento que amplíe e arranxe o vial de saída da A-54 cara Cerceda e Touro

O Pino pídelle a Fomento que amplíe e arranxe o vial de saída da A-54 cara Cerceda e Touro

Novas

04-10-2019
4Oct

O concello de O Pino venlle de solicitar ao Ministerio de Fomento que asuma as obras de ampliación e mellora do firme da estrada local que sirve de saída 77 da autovía Santiago-Arzúa (A-54) cara Cerceda e Touro. “O firme está tan deteriorado que en algún tramo destes 1.200 metros que unen a autovía coa N-547 non caben un camión e un turismo”, asegura o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, amosando un informe de seguridade viaria feito pola Garda Civil de Tráfico e que tamén se remitiu a Fomento. O pleno da Corporación, aprobou por unanimidade esta semana solicitarlle ao Ministerio o arranxo desta estrada local.

Manuel Taboada recorda que esta estrada de competencia municipal e moi utilizada polos vehículos pesados que van cara a Touro. “Xa durante as obras da autovía, os camións que transportaban os áridos para a autovía utilizaban este vial, polo que o firme en moitos puntos está totalmente desfeito”, asegura Taboada Vigo. En algúns tramos, a calzada apenas ten 4 metros de ancho, polo que cando se cruzan dous vehículos prodúcense situacións de perigo.

O Concello pediulle un informe de seguridade viaria á Garda Civil de Tráfico, no que se asegura que o ancho medio da calzada é de 4,8 metros, e nas veiras está moi deteriorado, sobre todo na zona máis próxima a autovía. “Segundo recolle a Garda Civil hai puntos nos que non cabe un camión e un turismo, e un dos dous ten que botarse á beiravía”, indica Taboada.

Parte do deterioro desta vía, débese a que durante a execución da A-54, a altura da actual rotonda, estaba situada a planta de concentración de áridos de toda a autovía, polo que o tráfico de camións foi moi intenso durante o tempo que duraron aas obras, o que provocou o deterioro desta estrada local que agora dende o Concello solicitan que arranxe Fomento.

Nunha recente reunión co xefe de Estradas do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Fomento, Ángel González del Río, o alcalde de O Pino entregoulle un proxecto feito polo Concello de O Pino, que ascende a 106.271,29 euros e que permitiría ampliar 0,75 centímetro cada beiravía desta estrada, e votar unha nova capa de aglomerado, para facer unha plataforma de, polo menos, 5,5 metros de ancho que mellore a seguridade viaria.

“A mellora dos enlaces de entrada e saída da autovía coa nacional N-547 fixémoslla dende o Concello tanto ao Ministerio de Fomento como a empresa adxudicataria durante as obras da autovía”, sinala Taboada, quen considera que “non debe ser o Concello o que teña que asumir a mellora dos accesos a autovía”.

Algúns veciños de Cerceda tamén se queixan do incremento de tráfico, coa presencia de moitos camións, nesta pista. “A estrada é tan estreita que non cabe un coche e un camión, e temos medo de que haxa algún atropelo. É preciso ampliar o ancho desta estrada para garantir a seguridade viaria”, indican os veciños, que recordan como moitas veces, no cruce da N-547 con esta estrada local se producen atascos cando un camión tenta saír ou entrar e non deixa espazo para outros vehículos.

Recomendan a saída de Pedrouzo ou a de Lavacolla

Dende o Concello, Manuel Taboada recoméndalle aos condutores que se dirixan a Touro que tomen a saída 80 da autovía, a que pasa por Pedrouzo, ou a saída 84, na antiga rotonda de Lavacolla, e que vaian pola N-547 ata o cruce de Santa Irene.

“Estas dúas saída son máis anchas e permiten a circulación sen problemas”, sinala Manuel Taboada, quen recoñece que a estrada local da saída 77 ata Cerceda é moi estreita e supón un perigo para a circulación, polo menos ata que Fomento acometa as necesarias obras de mellora.

Saída da Salceda tamén estreita

De feito, o Concello de O Pino vai investir 80.000 euros para acondicionar e asfaltar unha pista forestal para que aqueles vehículos que saían da autovía A-54 cara Salceda vaian ata a estrada que une Boavista (O Pino) e Dodro (Arzúa).

“Temos que quitar o tráfico da aldea da Salceda, porque esta estrada local ten uns 3 metros de ancho entre as casas, e non caben dous coches. Xa houbo accidentes polo estreito deste tramo e algún camión quedou atascado. Ademais, nesta zona pasa o Camiño de Santiago”, sinala o alcalde, quen adianta que a intención do Concello é deixar a pista da Salceda para o tráfico local e desviar o tráfico de saída da autovía pola outra pista forestal que van arranxar entre este mes e principios de novembro, porque a obra xa está adxudicada.

“Non é normal que dende Fomento se pretenda transferir aos concellos o arranxos das pistas locais de acceso á autovía, en vez de incluír estas melloras no proxecto da obra”.

O Concello de O Pino xa lle reclamou ao Ministerio de Fomento o arranxo das vías de servizo que van paralelas a autovía A-54 para mellorar a seguridade viaria e non masificar as estradas locais que actualmente se usan como saída e entrada da autovía. Ata o momento, Fomento só se comprometeu a asfaltar os viais paralelos a autovía a altura da rotonda de Lavacolla e que beneficia aos veciños de Castrofeito.

Twittear
Compartir235
Compartir
Pin
235 Compartir
« A “Xornada Urbana” de O Pino organiza obradoiros de skateboarding, turntablism dj e breakdance
O Concello de O Pino organiza un curso de manipulador de alimentos o 22 de outubro »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Siempre activado

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

GUARDAR Y ACEPTAR
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español