O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino licitará nos vindeiros días a construción do novo local social de San Mamede de Ferreiros tras asinar o convenio coa Consellería de Cultura

Noticias

26/08/2026
26 Ago

Manuel Taboada agradeceulle ao conselleiro a aportación de 150.000 euros para as obras, aos que o Concello engadirá outros cen mil euros  ||  

José López Campos destaca o traballo da Xunta “para garantir o acceso á cultura de todos os galegos e galegas»  ||  

O edificio de 150 metros cadrados construirase xunto ao palco do campo da festa, contará cun soportal cuberto de 50 metros e estará rematado o primeiro semestre do ano que vén  ||  

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos asinaron esta mañá no salón de plenos o convenio para construír o novo local social de San Mamede de Ferreiros de 150 metros cadrados e cun orzamento de 249.985,43 euros. En base a este convenio, o Concello aportará case cen mil euros e Goberno 150.000 euros para dotar ao municipio dun novo espazo para actividades culturais, sociais, formativas e comunitarias.

Manuel Taboada adiantou que “nos vindeiros días o Concello sacará a licitación a construción deste edificio, coa intención de que as obras poidan comezar o antes posible e rematar durante o primeiro semestre do vindeiro ano”. O alcalde tamén lle agradeceu ao conselleiro a implicación da Xunta para facer realidade este proxecto, “que nos permitirá achegar dende o Concello máis servizos á veciñanza de San Mamede de Ferreiros”.

O proxecto para o novo local social contempla un edificio dun so andar polivalente, de 150 metros cadrados de superficie. Compleméntase cun soportal cuberto na parte traseira de arredor de 50 metros cadrados, que se concibe como unha ampliación funcional do espazo interior, permitindo a súa utilización en diferentes condicións climáticas e forzando a relación coa contorna.

O novo local social de San Mamede de Ferreiros construirase no campo da festa da parroquia, ao carón do actual palco da música. O orzamento estimado para a súa construción é de 249.985,43 euros.

Tras a sinatura do convenio, ao que asistiron a maioría de concelleiros do grupo de gobenro popular do Pino, o conselleiro López Campos destacou “o compromiso e o traballo feito pola Xunta de Galicia para garantir o acceso á cultura de todos os galegos e galegas, con independencia das súas condicións sociais, demográficas ou económicas”, en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia. “Un bo exemplo deste labor son estas novas instalacións que imos poñer en marcha no municipio co fin de mitigar a dispersión xeográfica, favorecer o asentamento de poboación xuvenil e dar cabida ao crecente tecido asociativo”, afirmou o conselleiro.

López Campos fixo fincapé na importancia destes equipamentos “que dinamizan as nosas cidades e as nosas vilas, creando comunidade e garantindo o acceso da sociedade ao coñecemento”. No caso desta localidade, dada a súa condición como paso clave do Camiño Francés, esta actuación responde tamén á necesidade estrutural de crear puntos de interpretación e difusión cultural onde convivan o patrimonio local do Pino co fluxo de peregrinos.

 

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O alcalde Manuel Taboada recibe o bispo venezolano Elieser Antonio Barrios Rivero
O Pino pecha con éxito unha nova edición de Viaxando coa cativada tras oito xornadas de lecer educativo en distintos puntos de Galicia »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés