O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O Pino investirá 130.000 euros en arranxar a saída da A-54 cara Touro e estuda demandar a Fomento

O Pino investirá 130.000 euros en arranxar a saída da A-54 cara Touro e estuda demandar a Fomento

Novas

14-12-2019
14 Dic
    • O venres adxudicóuselle a Cosmalca SL o arranxo das deterioradas marxes da estrada por máis de 30.000 euros. 

    • Esta semana en pleno incluirase no POS+ o reforzado por firme por máis de 100.000 euros. 

    • O Concello estuda pedir responsabilidades patrimoniais ao Ministerio porque a maioría dos danos producíronse durante a construción da autovía. 

O Concello de O Pino vai a investir máis de 30.000 euros de fondos propios e outros 100.000 a través do plan POS+ da Deputación da Coruña en arraxar a estrada local que serve de saída 77 a autovía A-54 cara Cerceda e Touro, despois de que o Ministerio de Fomento se negase a asumir a reparación duns danos que, segundo o alcalde, se produciron durante a construción da autovía polo paso de vehículos pesados. O Concello estuda demandar ao Ministerio por danos patrimoniais, por non asumir as súas responsabilidades.

O pasado mes de outubro, o Pleno de O Pino solicitoulle a Fomento que arranxara esta estrada local de 1,2 quilómetros de longo e que ten os marxes do asfalto totalmente danados, o que supón un risco para a circulación. Así o sinalaba un informe da Garda Civil de Tráfico, que recollía que nalgúns tramos desta vía, e debido a que parte do asfalto desaparecera dos laterais, non cabía un camión e un turismo. O ancho medio desta estrada é de 4,8 metros, segundo Tráfico, e en algúns puntos aínda inferior debido aos datos provocados polo paso de tráfico pesado.

Parte do deterioro desta estrada local débese a que durante a execución da A-54, a altura da actual rotonda, estaba situada a planta de concentración de áridos de toda a autovía, polo que o tráfico de camións foi moi intenso durante o tempo que duraron as obras, o que provocou o deterioro desta vía. Por iso dende o Concello solicitáronlle ao Ministerio de Fomento que a arranxara ou asumira o custo das reparacións. Segundo os proxecto entregado naquel momento as reparacións ascendían a 106.000 euros e incluían deixar unha capa de rodadura duns 5,5 metros de ancho.

As choivas do mes de novembro e o intenso tráfico, con moitos vehículos pesados (por esta estrada local pasan a maioría dos coches e camións que se dirixen cara Touro e as instalacións da antiga mina de Cebreiro), incrementaron os danos nesta vía, provocando as queixas de moitos usuarios.

Actuación urxente por máis de 30.000 euros

O Ministerio de Fomento díxolle ao Concello que non se fai cargo das obras de reparación da vía. Ante esta resposta, e para non prexudicar á veciñanza e aos usuarios, o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, resolveu este venres adxudicarlle á empresa Cosmalca SL unhas obras de actuación urxentes para frear o deterioro da estrada e arranxar ambas marxes do asfaltado. Antes de que remate o mes de xaneiro –se o tempo o permite– estará acometido o saneamento e baleirado dos laterais da capa de rodadura da estrada e o seu posterior recheo con zahorra e rego asfáltico.

Estas actuacións van representar un investimento de máis de 30.000 euros que o Concello asumirá con fondos propios, e permitirán deixar a capa de rodadura da estrada local con entre 5 e 5,5 metros de ancho.

Adicionalmente, o equipo de goberno vai propoñer esta semana ao Pleno da Corporación incluír nas obras do plan POS+ da Deputación da Coruña unha actuación para reforzar o aglomerado de todo este tramo, cun investimento de máis de 100.000 euros.

“O Concello ten que asumir máis de 130.000 euros na reparación dunha estrada local que quedou moi danada polas obras do tramo da autovía Santiago-Arzúa e que o Ministerio de Fomento, que é o propietario da A-54 e quen fixo ditas obras, non quere asumir”, explicou Manuel Taboada. “Unha situación que está a prexudicar á veciñanza do Pino, porque eses cartos poderiámolos investir noutras obras moi necesarias”, engade. Por este motivo, dende o Concello estudan presentar unha reclamación por danos patrimoniais ao Ministerio para que se faga cargo destas obras.

Actuación na saída da Salceda

O Concello de O Pino xa investiu tamén máis de 73.000 euros para acondicionar e mellorar un tramo de 1,5 quilómetros dunha pista forestal situada na saída da A-54 na Salceda para evitar que os vehículos pasen polo medio desta aldea, xa que a estrada local ten menos de catro metros de ancho entre as casas e o tráfico supón un perigo para a veciñanza. “Xa quedou atascado algún camión”, di o alcalde

Con esta actuación, facilitase que os vehículos que saen da A-54 pola Salceda utilicen esta pista para dirixirse cara a estrada que une os núcleos de Boavista (O Pino) e Dodro (Arzúa).

“Non é moi normal que o Ministerio faga a autovía e non asumea o custo para acondicionar as pistas de titularidade municipal que comunican a A-54 coa estrada N-547, e que trasladen esta responsabilidade aos concellos. Fomento é quen debe acondicionar e ampliar as vías que permiten os accesos e saídas da autovía”, asegura Manuel Taboada.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino ten en marcha o VI Nadal Benéfico e programa outra festa para a tarde do día 21
A cativada de 3 a 12 anos pode participar no programa de conciliación Lecer Nadal 2019 »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés