O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino destinará ao SAF os 93.778 euros do POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios

Noticias

19/12/2025
19 Dic

Servirán para rebaixar a achega de 243.000 euros que se prevé terá que facer o Concello para sufragar as 25.000 horas de atención previstas  ||   

No último pleno ordinario do ano tamén se aprobou o proxecto para senda peonil de Regas ao cruce de Casal cun orzamento de 118.158 euros  ||   

vídeo do Pleno: https://youtu.be/UAZa_bhEM4s

 

O Concello do Pino destinará a sufragar o Servizo de Axuda no Fogar os 93.778,69 euros que lle corresponden da achega provincial do POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios. Esta partida servirá para rebaixar os 243.257,76 euros que ten reservado o goberno municipal para financiar o SAF. O pleno tamén aprobou o proxecto da senda peonil de Regas ao cruce de Casal, cun orzamento de 118.158 euros.

O Pino ten reservada unha partida de 591.257,12 euros no orzamento do ano que ven para financiar o Servizo de Axuda no Fogar. A estimación municipal é que se prestarán un máximo de 25.072 horas para atender a veciñanza que ten recoñecida a dependencia, tal e como figuraban na licitación deste servizo.

Do orzamento total, o Concello recibirá unas 300.864 euros da Xunta de Galicia  e outros 47.135 euros corresponde ao copago que fan as persoas usuarias. Salvo que o goberno autonómico incremente os 12 euros/hora que paga actualmente, como se prevé que ocorra en 2026, o SAF supón para o Concello un desembolso de 243.257,76 euros anuais.

En base ao informe realizado polos Servizos Sociais municipais, o goberno que preside Manuel Taboada propúxolle ao Pleno destinar os 93.778,69 euros do POS+ adicional para gasto social extraordinario a financiar unha parte da aportación que fai o Concello para o SAF. A proposta foi aprobada por unanimidade.

Na última sesión ordinaria deste ano, o Pleno tamén aprobou por unanimidade o proxecto para construír unha senda peonil de Regas ata o cruce de Casal, cunha lonxitude de 540 metros e 1,8 metros de ancho, que levará 15 centímetros de zahorra e 5 cm de aglomerado en quente. O orzamento ascende a 118.158,35 euros.

O alcalde explicou que esta obra “executarase cunha subvención nominativa da Deputación, que vai financiar o 80% da obra, e que permitirá continuar a senda xa existente que remata en Regas”.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Publícase a listaxe de cativada admitida no Lecer Nadal. O prazo para xustificar o pagamento remata o luns 22 de decembro
A Festa de Nadal xunta no Pino a máis de 200 persoas na Casa da Cultura »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés