O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino destina 387.000 euros do POS+ a facer obras en diferentes parroquias do municipio

Noticias

05/02/2025
5 Feb

O alcalde informa que os 399.000 euros que se destinan a gasto corrente son para pagar alumeado público e recollida do lixo  ||  

O Pleno aprobou incluír no Plan complementario a renovación do pavimento peonil en Santiso e a senda de Porto a Campo, en Budiño, por 392.000 euros  ||  

A Corporación do Concello do Pino aprobou esta mañá en Pleno extraordinario o Plan de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) POS+2025 da Deputación da Coruña por un montante global de 787.553 euros, que se reparte de forma similar entre o financiamento directo de obras (387.000 euros) e gasto corrente (399.000). Cos votos a favor de PP e BNG, e a abstención do PSdeG, tamén se aprobou o Plan complementario, que contempla dúas obras en Santiso e Budiño por 392.000 euros. (Ver vídeo íntegro do pleno)

Manuel Taboada explicou na sesión que a achega 2024 do POS+ para investimentos financeiramente sostibles, que ascende a 387.899,35 euros,  vaise destinar a execución de cinco proxectos de obras en diferentes parroquias.

Na relación de actuacións que vai executar o Concello con esta aportación da Deputación inclúese a renovación do pavimento peonil entre a avenida de Santiago e o Cruceiro, na parroquia de Arca, para substituír as baldosas das beirarrúas por formigón, para mellorar a seguridade peonil. Outro proxecto inclúe a mellora da capa de rodaxe do viario que vai de Bugalleira a Pumar, en Gonzar. Tamén se van acometer obras para mellorar a capa de rodaxe nas pistas que unen Rial e Villabuil (Castrofeito), do parque do Souto á rúa das Minas (Arca), da pista que une Parañoa e Porto (por Porto e Roxos), e a que vai de Ponte de San Migueliño a Campo, as dúas en Budiño.

Outro dos proxectos incluídos no POS+ contempla a mellora tanto dos interiores de Amarelle como da pista que vai ata Veiral (en Gonzar), así como actuacións na pista de Campo ata Sar, en Budiño. Na parroquia de San Breixo faranse obraas nos interiores da Calle e nas pistas que van dende a Igrexa ata Outeiro e tamén na que vai ata Suso. Tamén se mellorará a capa de rodaxe nos interiores de Vilachá (Pereira).

Polo que respecta á achega 2025 ao POS+, o Concello do Pino vai destinar os 399.653,88 euros a gasto corrente, para sufragar gastos da recollida de lixo e alumeado público. Manuel Taboada indicou no Pleno que esta partida servirá para liberar fondos propios do Concello que permitirán acometer obras noutras parroquias do municipio neste exercicio.

No Plan complementario, o Concello do Pino inclúe dúas obras que teñen un orzamento de 392.288,39 euros. Tratase da renovación do pavimento peonil en Santiso e a construción dunha senda peonil de 790 metros entre Porto e Campo, na parroquia de Budiño.

Durante o debate, dende o PSdeG pediron actuacións nas beirarrúas da N-547 ao seu paso por Arca (na avenida de Santiago e na de Lugo). O alcalde respondeulle que esa estrada segue sendo titularidade do Ministerio de Fomento e que está a espera dunha reunión con responsable de estradas do Ministerio en Galicia para solicitarlle unha actuación urxente tanto neste tramo como na N-634 ao seu paso por Gradamil e o Marquiño, en Lardeiros. “Fomento leva anos sen facer ningunha actuación nestas estradas. Só pedimos unha mellora na capa de rodadura e suprimir as barreiras arquitectónicas nas beirarrúas”, engadiu.

O punto foi aprobado cos 9 votos a favor de PP e BNG e a abstención do PSdeG.

 

 

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino percorrerá o Camiño Inglés na oitava edición do seu programa Camiña e Descubre
Convocada unha reunión informativa sobre a enquisa previa do acordo de reestruturación da parcelaria de Gonzar II »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés