O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
Usted está aquí: Inicio / Novas / O Pino conmemora o 25-N coa segunda carreira e a terceira andaina pola Igualdade que se celebrarán o sábado 27

O Pino conmemora o 25-N coa segunda carreira e a terceira andaina pola Igualdade que se celebrarán o sábado 27

Novas

16-11-2021
16 Nov

O percorrido abrangue 5 km e o punto de saía é na área recreativa da Madalena (Castrofeito)  ||  

O prazo de inscrición remata o 25 de novembro  ||  

Esta actividade forma parte de programación relativa ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero  ||  

O acto inclúe a lectura dun manifesto  ||  

 

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de O Pino organiza o sábado 27 de novembro a terceira edición da andaina, e a segunda edición da carreira, 5 km pola igualdade como parte da súa programación conmemorativa. A actividade estará precedida pola lectura dun manifesto en prol da igualdade. As inscricións faranse ata o 25 de novembro, ás 14.00 horas, na web de Carreiras Galegas (neste enlace). O regulamento pódese consultar no mesmo enlace

As dúas probas teñen o seu punto de saída e meta na área recreativa da Madalena (Castrofeito) a partir das 16.25 horas. A proba, estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Tanto na andaina (que non ten carácter competitivo) como na carreira poderán participar persoas maiores de 10 anos (nados en 2011 ou anteriores), aínda que os menores de 12 anos deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto.

Na segunda edición ca Carreira pola Igualdade establécense catro categorías: Escolar 1 (atletas nados entre 2004 e 2006), Escolar 2 (nados entre 2007-2010), adultos (nados en 2003 e ata os 34 anos) e máster (maiores de 35 anos).

Ao igual que na andaina, as persoas participantes deberán percorrer 5 km no circuíto habilitado nas inmediacións da área recreativa da Madalena. O prazo de inscrición remata o xoves, 25 de novembro, ás 14.00 horas.

Haberá medalla para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría da carreira, e medalla ou trofeo para as tres primeiras persoas que rematen a andaina (independentemente da súa categoría), e tamén un trofeo ao colectivo, clube ou asociación que inscriba a máis participantes.

Tanto a andaina como a Carreira pola Igualdade forma parte do programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, por iso está aberta a toda a veciñanza que queira percorrer 5 quilómetros cos que poñer punto final a esta lacra social.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Pino levará os dous puntos limpos móbiles polas trece parroquias do municipio
O transporte metropolitano tamén unirá Medín, Gonzar e Budiño con Sigüeiro e Santiago »

Ayuntamiento

Conoce O Pino

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
  • Servicios
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Formularios
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés