O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino aproba uns orzamentos de 4 millóns para 2020 e obras do Plan único da Deputación por 900.000 €

Noticias

18/12/2019
18 Dec

O Concello de O Pino contará para o vindeiro ano cun orzamento superior aos catro millóns de euros, segundo o acordo plenario aprobado esta mañá. Na sesión tamén se aprobaron as obras que se van solicitar no Plan único da Deputación da Coruña que ascenden a 900.000 euros; a rebaixa do recibo da contribución para as explotacións gandeiras vinculadas ao sector primario e sacar a licitación o Servizo de Axuda no Fogar.

O Concello contará o próximo ano cun orzamento de 4,082 millóns de euros, lixeiramente inferior ao deste exercicio, no que O Pino xestionou o obradoiro de emprego con Arzúa. Os ingresos proceden, na súa meirande parte, das transferencias correntes procedentes doutras administracións, representando o 40% (1,681 millóns de euros). Polo que respecta ao capítulo de gastos, 2,16 millóns corresponden  a bens correntes e servizos (os servizos que presta o Concello á veciñanza), 815.000 euros destínanse a investimentos reais e menos dun 20% (705.000 euros) a gastos de persoal. O alcalde destacou que non hai gastos financeiros (200 euros), xa que o Concello non ten solicitado créditos.

As contas foron aprobadas polo grupo de goberno do Partido Popular (6 votos) e a abstención do BNG (2). Ningún dos tres concelleiros do Partido Socialista estivo presente na sesión, segundo o alcalde “porque o seu portavoz antepón os intereses do Parlamento de Galicia, que tamén celebra hoxe pleno, aos intereses dos veciños do Pino que foron quen os elixiron”.

Rebaixa do IBI para explotacións gandeiras

Na sesión de hoxe tamén ase aprobou unha rebaixa do 95% da cota íntegra da contribución para as construcións do rural nas que se desenvolvan exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario.

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« O Instituto de Maiores e Servizos Sociais convoca prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo
O centro sociocultural Luís Seoane acolle a mostra de postais históricas ‘Camiño ComPostal’ »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés