O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Gallego
  • Español
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias

O Pino aproba un orzamento de 5,71 millóns que destina case o 25% a investimentos reais

Noticias

17/12/2024
17 Dec

As contas do Concello para o vindeiro exercicio medran un 15% respecto ás deste ano  ||  

A maior partida de gastos dedícase a pagar os servizos que se prestan á veciñanza, destacando o Servizo de Axuda no Fogar, a recollida e o tratamento do lixo, e o mantemento da nova depuradora de Arca  ||  

O alcalde destaca a boa xestión económica do equipo de goberno, que mantén o Concello sen débeda con entidades bancarias  ||  

O Concello do Pino contará para o vindeiro exercicio 2025 cun orzamento  de 5,71 millóns de euros, o que representa un incremento do 15,60% respecto do deste ano, que non chegaba aos cinco millóns. As contas, que foron aprobadas cos votos favorables do equipo de goberno (PP) e a abstención da oposición (PSdeG e BNG) reservan 3,14 millóns para o mantemento dos servicios que se lle prestan á cidadanía e 1,39 millóns (o 24,51% do total) para investimentos reais.

O alcalde, Manuel Taboada, resaltou a boa xestión do equipo de goberno para manter ao concello sen débeda cos bancos. Na explicación do capítulo de gastos sinalou que máis da metade (o 55,14%) resérvase para pagar os bens correntes e servizos que lle prestan a veciñanza. Entre estas partidas Taboada dixo que o maior incremento queda reservado para financiar o Servizo de Axuda no Fogar e a protección social primaria (con 989.000 euros), para a recollida e tratamento de lixo (430.000 euros) e para o mantemento da nova depuradora de Arca.

A investimentos reais, o Concello do Pino destinará o vindeiro ano un 24,51% do orzamento (1,39 millóns de euros). Neste capitulo indicou que unha parte importante resérvase para cofinanciar as obras que se incluirán no POS da Deputación e as do Plan de mellora de camiños municipais da Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta.

Os gastos de persoal representan o 13,48% do orzamento, con 769.878 euros.

No apartado de transferencias correntes, Manuel Taboada destacou que en 2025 se ían incrementar lixeiramente as subvencións que o Concello destina para colaborar con diferentes colectivos e entidades sociais como as comisións de festas (que pasan de 900 a 1.000 euros para cada unha) e coas diferentes parroquias para o mantemento das igrexas (subirán de 2.500 a 2.800 euros).

Polo que se refire ao apartado de ingresos, a maior partida corresponde coas transferencias correntes procedentes doutras administracións, que ascenderán a 2,92 millóns de euros; aos impostos directos, estimados en 1,51 millóns de euros, e as transferencias e capital (704.634 euros).

“A nosa intención é facer o máximo posible gastando o mínimo”, concluíu Manuel Taboada.

O orzamento foi aprobado cos votos a favor dos 7 concelleiros do Partido Popular e a abstención de BNG (2) e PSdeG (2).

Twittear
Compartir
Compartir
Pin
0 Compartir
« Celia Gómez e Iago Alonso asinan a postal institucional do Nadal no Concello do Pino
O Pino prepárase para celebrar a primeira edición da súa San Silvestre o 28 de decembro »

Ayuntamiento

  • El Alcalde
  • Casa Consistorial – Contacto
  • Corporación Municipal

Conoce O Pino

  • Situación, Geografía, Economía
  • Personajes Históricos
  • Parroquias

Gestiones

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino

Empleo

  • Ofertas de Emprego Público

Descarga la App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Contacto

Ayuntamiento de O Pino
Domicilio: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Casa Consistorial – Contacto
    • El Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Faísca. Revista de información municipal
  • Conoce O Pino
    • Situación, Geografía, Economía
    • Personajes Históricos
    • Parroquias
  • Servicios
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Gestiones
    • Sede Electrónica Ayuntamiento O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Empleo
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Noticias
  • Gallego
  • Español
  • Inglés